CON MOITO MARXE DE MELLORA

Rematamos o 2014 cun mal partido no cal sólo fumos superiores cando eles quedaron en inferioridade numérica. Comenzamos o encontro daquela maneira; con unha defensa ben colocada e o resto do equipo para aquí e para alá sen orden e a veces, sen sentido. As bandas non existiron, máis que nada porque non as surtimos de balóns en profundidade nin tampouco acompañamos as xogadas de atague con efectivos suficientes. Portos estivo moi aillado, sen opcións a crear perigo e a espera do erro rival.
Ainda que sen ocasións, o encontro semellaba máis ou menos controlado ainda que tamén é certo que esto mesmo poden opinar os do Furia. A loita concentrábase no medio campo a pesar de que o xogo era moi directo por parte de ambos equipos. Pouco a pouco os visitantes foron gañando terreo e logaron adiantarse nunha xogada que nos pillou despistados deixando libre de marca a un xogador do medio e permitir que éste dera un pase ás espaldas da nosa defensa para deixar a un compañeiro diante de Luis e batilo por baixo: 0-1 minuto 28.
O gol en contra non nos espabilou o suficiente para despertar e ir buscar rápidamente o gol do empate. Nos quince minutos que restaban para o fin do primeiro tempo, continuamos a ser moi inocentes en ataque. Incluso o Furia mereceu aumentar a vantaxe cun forte disparo dende fora da área que rebotou no traveseiro e nos fixo tremero peito… golpe de sorte.

Na segunda parte intentamos ir para arriba con máis fe nas nosas posibilidades. Axudou moito, eso si, que no minuto 50 o Furia quedara cun home menos nunha controvertida decisión arbitral que desde este momento comenzou o seu show de erros e actitudes demasiado raras que acabaron sacando de quicio ós dous equipos. Trala expulsión, o mister Suso decideu que era momento de arriesgar e mandou ó lateral Raúl para arriba pasando a xogar con dous homes en punta.
Antes do gol do empate creamos perigo en dous saques de esquina nos que sendos remates sairon demasiado centrados acabando o balóns nas mans do porteiro. Foi no minuto 63 cando Rafa, tras xogada persoal en banda, coloca o balón para a sua perna boa e pon un centro medido para que Muras metera a cabeza e o balón acabara no fondo das mallas: 1-1 e case media hora por diante.
Minutos despois do empate, o Furia reclamaría pena máxima por unhas mans de Eloi, o cal dixo no vestiario: “sí que me bateu na man pero tamén o balón viña dun rebote nas mans do dianteiro”. O árbitro non veu ningunha das dúas accións e a xogada continuou sen máis. Os visitantes volveron a ter outra ocasión de marcar nun forte lanzamento de falta que se marchou desviado.
Os últimos minutos foron de relativo asedio local. Raúl tivo a sua oportunidade cun tiro dentro da área que se foi demasiado cruzado; Rafa tivo tamén a súa opción cun frouxo disparo coa zurda que acabou recollendo o porteiro. Sen dúbida, a xogada con máis perigo estivo nas botas de Mika nunha xogada na que Suso peinou o balón e éste foi parar a Mika dentro da área pequena que quixo controlalo en lugar de disparar e a defensa acabou afastando o perigo.
Empate ao final dos 90 minuto e imos comer o turrón e as uvas nun meritorio quinto posto. Creo que podemos decir, se a memoria non nos falla, que estas alturas é o mellor posto histórico acadado por este humilde clube. Esperemos que o 2015 nos traia sobre todo saúde xa que se houbera unha clasificación en canto a lesións, iríamos moi arriba.
Xogaron: Luis, Raúl, Carabán, Eloi, Jusepe, Muras, Mika, Rafa, Pedro (Cougil), Ortoño (Gustavo), Portos (Suso)
Goles: Muras