VICTORIA MERECIDA, SEN PALIATIVOS
Por fin volvimos a facer un bo partido, dando unha moi boa imaxe e mostrando as ganas de querer ganar que parecía que se perderan nas últimas xornadas. O resultado pode quedarse curto se analizamos todas as ocasións das que dispuxemos.
Vendo que nos derradeiros partidos tiñamos un claro problema de chegada a portería rival, costábanos un mundo xerar ocasións, Suso decidiu arriscar e xogar cun esquema 3-5-2 e a verdade é que dou o resultado esperado. O equipo empezou moi metido no partido, cos xogadores concentrados e cerca de onde estaba a xogada para recoller os posibles balóns soltos. Ós dez minutos de partido tivemos o primeiro contratempo en forma de lesións, xa que Osvaldo tiña que sair do campo por un pinchazo entrando Pedro no seu lugar e na súa mesma posición.
A primeira ocasión ó noso favor foi un remate de cabeza de Muras que saiu cerca do poste, cando tiña todo ó seu favor para inaugurar o marcador. Minutos despois sería o turno de Alex quen, tras un bo pase en profundidade de Carabán, plantouse diante do porteiro e o seu tiro cruzado acabou batendo no poste. Parecía que non estabamos finos de cara a gol pero sí estabamos tendo ocasións, que era o que se buscaba.
O Oleiros intentaba poñerlle calma ó encontro e ter a posesión do balón pero non conseguían acercarse con perigo á nosa área. A ocasión máis clara da que dispuxeron foi un remate case a bocaxarro que salvou Raúl tirándose para taponar o disparo. Nos seguíamos ao noso, entrando moi ben por ambas bandas e acabando a maioría das xogadas. Pedro tivo duas boas ocasións: primeiro un intento de vaselina que se lle marchou alta e máis tarde un remate de cabeza ó que tamén lle dou demasiada altura.
Coas tablas no marcador chegamos ó descanso. O Rece íase con boas sensacións convencidos de que o gol chegaría, mentres que o Oleiros parecía algo contrariado por sentirse incómodo, sen encontrar o seu fútbol.
O comezo da segunda metade estivo máis igualado, sobre todo porque o Oleiros saiu con algo máis de ansia, conseguindo anticiparse e roubar varios balóns sen deixar que que trenzásemos as xogadas. Esta sensación de igualdade foise disipando co paso dos minutos e o encontro volveuse parecer ó visto durante o primeiro tempo. As ocasións para nos volveron a chegar e arredor do minuto 60 tivemos unha inmellorable nun disparo dentro da área pequena de Gustavo que salvo o porteiro cunha soberbia parada, xa se cantaba o gol.
Tan sólo cinco minutos despois conseguimos poñernos por diante: Alex colle un balón no medio do campo, pon o seu motor en marcha e vaise de ata tres contrarios cunha velocidade endiablada chegando a liña de fondo e poñendo un centro medido para que Pedro, tras controlar co peito, se sacase un disparo que acabaría en gol, tras tocar lixeiramente nun contrario, 1-0.Con este gol viñémonos ainda máis arriba e pronto conseguimos o segundo para deixar case sentenciado o partido. Minuto 70, Rafa quédase sólo diante do porteiro pero algo escorado, espera a que cheguen os compañeiros para poñer o centro pero, enganando a todos, en vez de centrar dispara a portería e consegue que o balón entre mansamente na portería, 2-0.
Con esta vantaxe o partido quedou resolto, principalmente porque o Oleiros semellaba incapaz de crear ocasións. A nosa defensa de tres non tivo problemas para frear o seu empeño e mostrouse moi firme e decidida.
Fin do partido, tres puntos para o casilleiro e, o máis importante de todo, moi boa imaxe a deixada polos nosos.
Xogaron: Luis, Gustavo, Carabán, Raúl (Roberto), Carlos, Mika, Lojo, Alex, Roni (Rafa), Muras (Ortoño) e Osvaldo (Pedro)
Goles: Pedro e Rafa