PARTIDO GAÑADO, PERO SEN CONVENCER
Xa avisamos na previa que os rivales da zona baixa nos daban moitas preocupacións, e o Sar non foi menos. O penúltimo clasificado estivo a punto de rascar algún punto da Devesiña nun encontro no que nos puxemos pronto por diante, relaxámonos e pecamos de confianza. Por sorte na segunda parte conseguimos outro gol para levarnos un partido, non sen apuros.
Cun terreo moi embarrado principalmente polas bandas e na zona do medio do campo, xogar o balón por abaixo antoxábase complicado. A pesar de isto, non foi un encontro no que destacara o xogo aéreo nin directo. O control do partido non estaba claro e parecía que, á hora de irse ó ataque, ningún dos equipos se ía gardar nada. A primeira ocasión foi tras un saque de esquina na que un remate de Muras foi sacado debaixo dos paos. No novo saque de esquina posterior chegou o 1-0, minuto 12, cando de novo Muras remataba case a placer dentro da área pequena.
Coa vantaxe no marcador, comezamos a perder o sitio no medio e o Sar gañou presencia en ataque. Costábanos moito despexar os balóns e perdimos moitos balóns en zonas perigosas. A primeira oportunidade que tiveron para empatar foi nun man a man que conseguiu tamponar Rubén tras un mal control o dianteiro rival. De seguido, case se volven plantar diante do noso porteiro, senón fora porque Carabán estivo rápido e chegou a tempo para cortar o que podría ser o empate. 
O medio campo non existía e o partido entrou nunha dinámica de ocasión tras ocasión. Nos tamén tivemos as nosas, a destacar unha de Portos que non deu definido diante do porteiro rival nunha xogada de moito perigo. Os visitantes pediron posible penalti de Rubén ó seu dianteiro, cando éste tiña todo ó seu favor para marcar; foi unha xogada moi discutida polos rivais. Estabamos xogando con lume e acabámonos queimando, cando no minuto 34 o Sar empataba o encontro cun remate de cabeza: 1-1.
Coa igualada no marcador chegou o tempo de lecer. Momento de recibir instruccións co obxetivo de mellorar o que estabamos a facer.
Os primeiros minutos da segunda parte, tivemos a defensa máis axustada, con máis orden no medio e acabando as xogadas. A piques estivo Pedro de romper o empate cun remate que foi desviado polo travesaño. Turno para un aviso dos visitantes nun intento de vaselina que se marchou por moi pouco da portería defendida nese momento por Luis, xa que Rubén se tivo que retirar lesionado.
No minuto 70 chegaría o gol que nos daría a vitoria. Contra dirixida por Carlos que conduce o balón pola banda izquierda, mete un pase para Mika quen xa dentro da área ten opción de tiro pero prefire donar o balón a Portos para que engane ó porteiro cun disparo polo pao corto: 2-1.
Tocaba defender o resultado e para eso había que estar máis concentrados do que estabamos ata ese momento. Nos vinte minutos que restaban, o rival tivo unha ocasión moi perigosa nun disparo case a bocaxarro dentro da área pequena que foi salvado por Luis en primeira instancia quedando de novo o balón morto e sendo despexado a duras penas. O partido puido quedar resolto pero de novo o pao repeliu un fortísimo disparo de Raúl e minutos despois foi o tuno de Rafa con outro bo tiro ero desta vez foi o porteiro que fixo unha gran parada.
Co resultado de 2-1 chegouse ó final do encontro. Agora xa toca pensar no próximo partido frente ó Cacheiras…
Xogaron: Rubén (Luis), Nacho (Rafa), Carabán, Eloi (Gustavo), Jusepe, Muras, Carlos, Mika (Suso), Pedro (Munín), Raúl e Portos.
Goles: Muras e Portos.