S.D.C. RECESENDE 2 – 1 S.D. BRIÓN

Nunha fría e soleada tarde na Devesiña, o Recesende presentábase con 15 xogadores entre os cales estaba o míster Susito que meses despois da súa lesión volvía a vestirse de corto para axudar ao equipo e dar unha opción máis no baquillo. Mentres tanto o Brión aparecía en peores condicións, con só 10 xogadores e tiña que chamar de urxencia a Pibe, un vello coñecido, quen cunha man lesionada tivo que facer o esforzo de xogar para que o seu equipo xuntara once homes.

Comezaba o encontro e o Rece para nada saiu metido nel. Sin medio, abusou de balóns en largo e faltáballe pegada arriba. O rival tampouco se atopaba entonado e menos se temos en conta que o seu dianteiro saltaba ó campo con claros síntoma de atoparse lesionado. Durante a primeira parte só disfrutamos dun tiro a portería, por medio de Carliños pero sen demasiado perigo. Este detalle di moito do mal partido que fixemos, xa que un tiro en 45 minutos ante un rival con dous xogadores lesionados e sen posibilidade de ser substituidos… O Brión pola súa banda tivo unha ocasión clara, logo de que o colexiado sinalara cesión nun malentendido entre Marcial e Carabán. O resultado desta cesión foi un lanzamento que se marchou desviado.

Chegou o descanso e a premisa vertida por Susito era moi claro. Tiñamos que meterlle unha marcha máis xa que estábamos a xogar andando e eles estaban moi xustos fisicamente.

Comezou a segunda parte e o esperado cambio de actitude que desexábamos ver nos nosos xogadores non chegou e eso que as cousas poñíanse moi de cara para os nosos intereses. No minuto 7, un córner exectuado por Lojo encontrou remate en Eloi quen, en dous tempos tras rematar primeiro de cabeza, lograba meter o pe no rexeite e envialo as redes. Un gol moi protestado polos xogadores do Brión, que se mostraban convencidos de que o esférico non entrara por completo.

Para intentar fixar máis o medio do campo, Susito deulle entrada a Tubío. Nin co resultado de 1-0 nin co cambio feito, soupemos cambiar o mal partido que estábamos a facer e continuamos cometendo os mesmos erros. Abusamos de balóns en longo  nos que Raúl viveu nunha loita continua cos centrais, chegando a desquicialos.

Pouco a pouco o Brión foi gañando terreo, debido en parte a que pasou a xogar con defensa de tres. Cerca do minuto 75, tras un balón que repelía o longueiro, Pibe cun gran tiro desde a frontal poñía as tablas no marcador; 1-1.

No minuto 75, entraba Osvaldo no terreo de xogo e sería decisivo. O equipo vía que o tempo se agotaba e foise con todo ao ataque. Así, no minuto 43 nunha contra aparecía Lojo para darlle o pase da morte a Osvaldo e conseguir o 2-1 definitivo.

Tres valiosos puntos conseguidos in extremis, pero como sigamos xogando así non volveremos a gañar outro partido no que resta de liga.

Xogaron: Marcial, Mario, Gus, Eloi, Carabán, Carliños, Mika, Lojo, Roni, Gabi e Raúl.