NOVO EPISODIO DE INXUSTIZA FUTBOLÍSTICA
Outros tres puntos que se nos escapan noutro partido no que merecimos bastante máis frente a un equipo, o Lesende, que cun xogo práctico conseguiu levarse a victoria ó aproveitar as tres ocasións que tivo.
Chegabamos ó partido convencidos das nosas posibilidades e coa confianza suficiente para intentar lograr un bo resultado. Os minutos iniciais foron os típicos momentos de tanteo dos dous equipos, que aproveitaron para asentarse no campo e mirar cál era a estratexia utilizada polo rival. Dende o minuto 1, démonos de conta que o Lesende non ía a xogar atrás, non quería ningún tipo de problema e a mínima ía darlle ó balón para arriba en busca dos seus rápidos dianteiros. A verdade é que non é un fútbol vistoso pero sí moi efectivo, a vista está que son os líderes da categoría cunha vantaxe de 6 puntos sobre o segundo clasificado.
Nos entramos ben o partido, con ritmo, con intensidade e con ocasións.Debido ás baixas, Lojo tivo que facer de dianteiro centro e fixoo con boa nota, aguantando os balóns e tocandoos de cara para despois abrir as bandas. Así era cómo chegabamos á área do Lesende, coma sempre polas bandas aproveitándonos da rapidez e calidade dos nosos interiores. Non chegabamos con moita claridade pero víase que estabamos entonados. Destacamos unha clara ocasión de Gabi que non foi quen de rematar ben un pase da morte e outra de Mika que coa sua zurda estivo a punto de marcar un golazo, pero marchouse por fora. Arredor do minuto 30 chegou o momento fatídico para o Rece: falta o noso favor que remata Muras de cabeza ao largueiro e na seguinte xogada o Lesende aproveita un erro da nosa defensa para poñer o 0-1 no marcador cun auténtico golazo dende fora da área. A Devesiña enmudeceu e os nosos viñeronse un pouco abaixo tras ver como dun posible 1-0 pasouse ao 0-1. Poucos minutos despois, córner a favor do Lesende que nos pilla nas uvas e dous xogadores deles chegan libres de marca ao segundo pao e conseguen poñer o 0-2. O mellor que nos podía pasar era que o árbitro pitara o desncaso para afrontar a segunda parte con outra mentalidade. Antes da pausa, Lojo puido acortar diferencias cun remate dentro da área que o porteiro rival dou despexado con apuros.
Descanso, 0-2 no marcador e os nosos xogadores que encaraban o camiño dos vestiarios tristes tras ver cómo despois dunha gran primeira metade, o resultado non reflexaba o visto no campo. Sólo quedaba apretar os dentes e intenar marcar gol canto antes para lograr unha remontada que non chegou.
Na segunda parte continuou o mesmo guión. Sólo cambiou que conseguimos marcar gol. Foi sobre o minuto 60, cando Carliños pillou un balón en zona de tres cuartos, avanzou con él varios metros e soltou un zurriagazo que se meteu na portería. 1-2 no marcador. Pouco nos durou a alegría xa que o Lesende, volveu a aumentar a súa vantaxe poucos minutos despois. Casi salían a chegada por gol, eficacia 100%. Pero o Rece non se veu abaixo e sigueu a súa. Insistía e insistía polas bandas poñendo centros que non atopaban rematador ata que sobre o minuto 80 apareceu Alex, quen logo dun pase de Tubío, encarou ó porteiro e bateuno cun tiro raso e cruzado. 2-3.
Había tempo para conseguir polo menos empatar o partido pero non tivemos fortuna. Varias xogadas por banda de Alex e de Raúl foron o noso vagaxe ata o pitido final.
Xogaron: Marcial, Gustavo, Nacho, Carabán, Jhoni, Muras, Mika (Munín), Carliños, Rafa (Raúl), Gabi (Alex) e Lojo.
Goles: Carliños e Alex.
Dúas derrotas inxustas nos dous últimos partidos volven a poñernos cos pes no suelo e oblíganos a votar unha ollada para baixo.