UNHA SEGUNDA PARTE DE 10 FOI SUFICIENTE PARA GAÑAR
Tarde moi fría na Devesiña a que se presentaba hoxe para ver se o Rece era quen de seguir coa súa racha positiva. As baixas temperaturas parece que contaixaron ao equipo durante os primeiros cuarenta e cincominutos, nos cales non fomos capaces de crear perigo. O Vea tam´çen parecía un equipo “conxelado” xa que apenas chegaron a nosa área; sólo disfrutou duna acercamento na primeira metade.
A xente que se deu cita na Devesiña perfectamente podía pedir a devolución dos cartos da entrada, xa que o xogo de ambos equipo foi tedioso e aburrido, sen intensidade e sen ocasións. Tan sólo destacar a dita ocasión do Vea cun tiro dende fora da área que foi pegado ao pao da portería defendida por Marcial e tamen nos tivemos outra clara nas botas de Alex a centro de Raúl, que non foi quen de engachar ben o balón. O resto dos minutos da primeira metade transcurriron con contirnuos balóns aéreos e en largo que non chegaban a ningún fin debido a que os dous equipos optaron por gardar as posicións, non correr riscos e renunciar a ir o ataque con máis efectivos. O árbitro fixonos un favor pitando o descanso para que os noso entraran no vestiario a despexarse e se deran de conta de que ou se lle metía unha/dúas marchas máis ou o encontro remataría 0-0.
Saímos a afrontar a segunda parte con outra actitude, con máis ambición e con ordenes claras de apretar arriba e buscar o fallo do rival, xenerar dudas na defensa. Así foi como comezou o monólogo recesendiano sobre o terreo da Devesiña. A presión arriba foi un ´éxito, xa que na primeira xogada da segunda parte Osvaldo armou un disparo que foi despexado polo porteiro e Alex no rexeite non puido enviar o balóns as redes. Era o prolegómano do primeiro gol. Minuto 47: xogada de Raúl que se vai por banda e consegue centrar ao segundo pao onde esperaba Alex que, con tempo para controlar o balón, coloca o esférico dentro das redes. 1-0
O Rece era dono e seór do partido: roubaba balóns no medio do campo, a defensa cortaba o xogo directo do Vea, facía seus todos os balóns aéreos e os segundo balóns. Todo esto era fruto da maior concentración e ganas que lle puxemos ao asunto.
Minuto 57: Osvaldo recibe o balón na frontal da área, pasa entre dous defensas, o porteiro bótaselle encima cometendo penalti pero o árbitro deixa continuar xa que o balón caelle a Alex con todo de cara para conseguir o seu doblete particular. 2-0.
Minuto 82; penalti cometido sobre Raúl, que Munín encargase de lanzar e marcar ao “Panenka”, enganadndo ao porteiro e recibindo o aplauso da afición roxiblanca.
Tivemos algunha ocasión máis para ampliar a diferencia: Eloi de cabeza a saída dun córner, Muras tamén de cabeza e cun tiro lexano que se foi cerca da portería… O Vea sólo conseguía chegar a nosa área en añgunha xogada aillada, pero víronse desbordados polo bo facer dos nosos que saíron extramotivados tras escoitar as verbas de Susito.
Xogaron: Marcial, Jhoni, Mario (Gus), Carabán, Eloi, Tubío (Carlos), Muras, Mika (Gabi), Raúl, Alex e Osvaldo (Munín). Goles: Alex (2) e Munín
Destacar o bo estado de forma de Alex, con 4 goles nos últimos dous partidos.
Seguimos sumando de 3 en 3 e xa escalamos ata a novena posición, deixando a oito puntos os postos de descenso. Agora a preparar xa o derbi do próximo domingo frente ó Cacheiras, equipo que non pasa polo seu mellor momento.