TRES GOLES, TRES PUNTOS
O Recesende consegue unha moi importante vitoria nun partido que, como se esperaba, gañou o que máis ganas e intensidade lle botou.
Xa nos primeiros minutos se veu que o equipo estaba concentrado e que ía ir a por todas, pelexando cada balón coma se fora o último e estando moi atentos ás segundas xogadas. O primeiro gol chegou pronto: minuto 3 de partido, saque de esquina ao noso favor e Eloi, cun gran testarazo, poñía o 1-0. A defensa en zona do Esclavitud non evitou o remate de Eloi que se elevou con gran forza para superar ó rival.
Tras este gol, o Rece fíxose forte en defensa, cortando todos os intentos do rival por achegarse,mediante o xogo directo, ás cercanías da portería defendida por Diego.O noso medio do campo, a pesar de non destacar, sí que mantuvo o sitio durante a primeira parte e impedía que o Esclavitud tocara o balón nesta parcela.
No minuto 21, chegou o noso segunda ocasión e o noso segundo gol: Tubío recibe o balón en zona de tres cuartos e mete un pase en profundidade para Munín para que éste centre a Lojo, quen de novo coa cabeza pon o balón nas redes; 2-0. É curioso xa que o que máis temíamos do rival era a súa fortaleza nas xogadas aéreas debido a superior altura dos seus xogadores e sen embargo, os nosos goles eran precisamente de cabeza, cousas do fútbol.
A partir do 2-0, o Esclavitud pasou a xogar con defensa de tres e con dous puntas. Pero nin con esas crearon perigo nos primeiros 45 minutos. Sólo nos creaban certa incertidume nos balóns por arriba que colaban na nosa área, pero o noso porteiro Diego, tiña o día inspirado e saía sen medo a por todos os balóns saindo airoso e despexando o balón.
Así terminou a primeira metade, sen máis que destacar. Era tempo de que os xogadores descansaran e de que o público que se dou cita se acercara ata a cantina.
A segunda parte foi outra historia, sobre todo nos primeiros 20 minutos. Sabíamos que o Esclavitud saliría con todo e nos apretaría moito e non nos equivocamos. O problema foi que non soupemos frear a súa ansia por recortar distancias e case nos sae caro.
O 2-1 foi no minuto 54, pero xa antes avisaran con algunha chegada. Neste minuto foi cando un xogador rival se planta diante de Diego e éste consegue repelir o seu disparo pero o balón vai parar a outro xogador rival, en posible fóra de xogo, que solo tivo que empuxar o balón. O Esclavitud xuntou homes arriba, nos demos varios pasos para atrás e o resultado era previsible: ata o minuto 70 xogouse sólo no noso campo. Certo é que tras o gol, detivemos un pouco o ritmo do partido pero non eramos quen de sair para arriba e controlar o encontro. Os últimos 15 minutos as xogadas eran as mesmas con balóns en largo enviados dende a defensa rival ata os seus dianteiros pero que eran ben despexados polos nosos.
Así sentiamonos ben, o problema era cando había algún corner ou falta cercana a área que era onde Diego se fixo valer e saía coma un miura para despexar todo balón que rondaba o seu territorio. A nosa sentencia chegou no 93, cando Gabi, en fora de xogo, se encontra co balón diante do porteiro e llo cruza para facer o 3-1.
Tras éste último gol, o árbitro decretou o final do partido e os tres puntos que se quedaron na Devesiña. Salientar que Osvaldo foi expulsado por doble amarela sobre o minuto 80.
Xogaron: Diego, Gustavo, Nacho, Carabán, Eloi (Mario), Muras, Tubío (Gabi), Mika (Raúl), Lojo, Munín (Alex) e Osvaldo.