S.D.C. RECESENDE 3 – 1 SPORTING LAMPÓN

DSC04714DOUS RECES DISTINTOS

Primeira xornada ligueira e primeiros tres puntos que sumamos ao noso casilleiro, non sen sufrimento, eso sí. Chegaba a hora da verdade e o momento para deixarse de tonterías e xogar en serio, conscientes de que empezar con bo pé sempre é importante de cara a coller moral para afrontar seguintes partidos.

As indicacións do mister eran claras: “se podemos xogamos en corto, senón nada de complicarse”. Con estas verbas na mente, saimos ao terreo de xogo confiados nas nosas posibilidades. Os primeiros dez minutos foron para nos, tendo o partido controlado, sen pasar apuros, gañando segundos balóns… facendo saber que éramos nos os que xogabamos en casa.

3Tivemos a oportunidade de adiantarnos no marcador moi pronto tras un saque de esquina no que o remate de cabeza de Eloi saiu desviado, cando se encontraba nunha boa situación. . Os dous equipos xogabamos sen demasiada presión, intentando sair co balón xogado desde atrás, pero algún que outro susto na saida do esférico por parte de ambos equipos, propiciou que se buscase tamén un xogo máis directo. Co paso dos minutos, o control do xogo cambiou de bando e o Lampón fíxose coas rendas do partido. Estaban máis cómodos, dominaban no medio do campo e conseguían chegar fácil a zona de 3/4 aínda que sen perigo.7

No minuto 18 chegou o 0-1. Unha falta sobre cinco metros fora da área era executada cun forte zapatazo que se colou entre a barreira e superaba a Rubén. Este gol, lonxe de espabilarnos, aínda nos atontou máis e o equipo visitante continuaba a ter a posesión do balón. Nos non éramos quen de conectar o medio do campo coa dianteira nin lles ofrecíamos balóns en condicións aos homes de banda. Así era difícil asomarse pola meta rival. O equipo estaba desdibuxado e non se avispaba reacción alguna. O mellor que podía pasarnos era que chegara o descanso para aclarar ideas e cambiar o sistema de xogo. Antes do fin dos 45 minutos, Portos tivo una boa ocasión para lograr o empate pero a súa volea marchouse desviada.

8

O descanso chegou e a banda sonora do vestiario era o silencio. O guión da primeira parte non era o que tiñamos previsto asi que era o momento de cambiar algo. A entrada de Carliños no campo fixo que o partido mudara completamente. Él sólo, adueñouse do partido e o resto de xogadores íamos ao ritmo que él marcaba.5

No minuto 51 conseguimos empatar o encontro, na que foi a primeira chegada da segunda parte. Unha xogada rápida iniciada en campo propio terminou nun pase largo para Sebas que superaba en velocidade ao defensor e fusilaba ao proteiro cun tiro cruzado 1-1. Este gol cargounos as pilas e cerca tivemos de volver a marcar uns minutos despois nunha ocasión inmellorable para Rafa que enviou o balón ao longueiro.

Continuábamos achuchando e no minuto 67 conseguimos poñernos por diante no marcador tras un penalti cometido sobre Sebas e executado por él mesmo  2-1. Restaban 20 minutos para o final do encontro e sabíamos que non podíamos dar pasos hacia atrás xa que pola contra, estaríamos dándolle pé para que eles se volcaran. O Lampón adiantou filas e buscou o empate con máis ganas que xogo. Poideron conseguilo nun pase ás espaldas dos nosos centrais e na que a indecisión de Rubén a punto estivo de sairnos cara, pero por sorte o seu dianteiro non chegou a rematar. O resto de xogadas nas que nos creaban certo temor, procedían de faltas lonxanas buscando algún remate certeiro.4

O partido estaba chegando ao seu fin e no minuto 88 puxemos a sentencia co 3-1, desta vez con Rafa como protagonista, desquitándose así do erro anterior. O seu remate dende fora da área co exterior daba un bote e superaba ó porteiro rival. 3-1 e partido finiquitado.

Xogaron: Rubén, Nacho, Carabán, Eloi, Gustavo, Muras, Mika (Raúl), Sebas (Ortoño), Munin (Rafa), Portos (Carlos) e Lojo

Goleadores: DSC04750