
BONITO BROCHE FINAL CON DOUS GOLEADORES INÉDITOS NA DEVESIÑA
No último partida da temporada, por fin volvimos a sacarlle os aplausos os nosos afeccionados despois dunha racha de partidos nos cales non os merecíamos. Sabíamos que sí, que o obxectivo da slvación xa estaba cumplido, pero a imaxe mostrada nos derradeiros 5 partidos de liga non era a que se merecía unha grada que nos apoio dende o primeiro partido ata éste último.
Así, confiados plenamente en dar unha última alegría, comezamos o partido e comezámolo de verdade. Os primeiros 15 minutos foron de dominio 100% noso, onde o Queiruga non se mostrou unha soa vez na área defendida por Marcial. A maiores do dominio, tiñamos ocasións e claras. Primeiro avisou Tubío cun tiro dende a frontal, tras regatear a dous rivais, que sacou con apuros o porteiro; máis tarde sería Mika, quen non acertou a colocar ben o corpo para golpear un centro a media altura e a súa volea marchouse bastante desviada, cando se encontraba a pouco metros da portería. Un cabezazo de Carabán a saida dun córner, tamén levou bastante perigo, pero saiulle demasiado centrado, sen mías apuros para o meta.

Tralo primeiro cuarto de hora, o Queiruga comezou a ter máis presencia no campo, sobre todo a partir de que os seus homes do medio conseguiron gañar os segundos balóns. A figura do seu extremo esquerdo foi un quebradeiro de cabeza para a nosa defensa e dende a súa posición arrancaban as xogadas de máis perigo visitantes. Foi sen embargo no saque dunha falta lexana, cando se produxo a súa ocasión máis clara da primeira parte, xa que o balón terminou batendo no largueiro.
Coa sensación de que o Queiruga era agora o que controlaba o partido, chegouse ao descanso.
No minuto 47, chegou o primeiro gol do partido. O Queiruga adiantábase no marcador tras un rápida xogada que nos pillou descolocados e que rematou cun tiro raso dende dentro da área: 0-1.

Non nos quedaba outra que ir para arriba e así o fixemos, aínda que nos costaba moito crear perigo e a xente rápida que tiña o Queiruga na dianteira obrigábanos a non descoidarnos en demasía atrás. Osvaldo tivo o empate nas súas botas, tralo saque dunha falta cerca da área que rebotou no poste. Pouco máis tarde, no minuto 65, unha falta moi lexana colgada por Carabán colábase nas redes tras pasar por diante de varios xogadores e despistar ó porteiro: 1-1.
A partir do minuto 70, cando se produxo a entrada no campo de Susito, o partido revolucionouse a favor dos nosos intereses. Como xa pasara no partido anterior en Lesende, volveu a colocarse de dianteiro e dous minutos lle bastaron para fabricar o segundo gol do Rece. Minuto 72, balón que controla de espaldas e o deixa de cara para que Raúl fusilase coa súa perna esquerda dende fora da área: 2-1.
Co marcador a favor, era o momento de tranquilizar o encontro e non ter prisa. Así o fixemos, controlando as embestidas visitantes e aproveitando as nosas ocasións. No minuto 85, Suso volve gañar un balón de espaldas, vaise dun defensa e o seu tiro cruzado a bote pronto supera ao porteiro e poñía o 3-1 definitivo.
Xogaron: Marcial, Jhoni, Carabán, Gustavo, Muras, Tubío (Munín), Carlos, Roni (Gabi), Raúl, Mika e Osvaldo (Suso)
Goleadores: Carabán, Suso e Raúl. Estes dous últimos estrenábanse coma goleadores na Devesiña.