S.D.C. RECESENDE 3 – 3 SH PALMEIRA

44PARTIDO DE TOLOS

A igualdade, no referente a números, coa que os dous equipos chegaban a esta xornada fíxose ver no encontro e tamén se notaba que había moito en xogo debido a loita continua por cada balón. Foi un partido xogado ó límite do reglamento por ambos equipos e, en algún lance, sobrepasando tal barreira.

Durante os primeiros 20 minutos, sólo existiu un equipo e non eramos nós. O Palmeira controlábanos como marionetas, mentres que o Rece non era quen nin de estar máis ou menos colocado. Xa se adiantaron os visitantes no minuto 7, despois dunha rápida xogada que nos pilla despistados e que remata nun man a man do seu dianteiro que marca a pracer: 0-1.3

O gol non cambiou en absoluto o que estaba a suceder no campo e seguíamos co papel de títeres. Pouco tardaron en facer o segundo tanto. Minuto 20, córner para eles que é rematado no primeiro pao coa espuela colándose pola escadra do segundo pao: 0-2.

99

A partir deste gol, por fin nos demos conta de que estabamos a xogar un partido e comezamos a correr, a presionar e a ir sen medo a polo balón. Demos un par de pasos hacia arriba e non deixamos que os seus homes do medio campo pensaran. No minuto 32 acortamos distancias por medio de Roni nunha xogada personal por banda na que consigue irse do seu defensor e, case sen ángulo, saca un zurdazo para bater por arriba ó meta rival: 1-2.gol roni

O dominio do partido estaba máis parexo e notábase unha actitude totalmente distinta nos nosos. Sen embargo, o Palmeira dispuxo de dúas ocasións moi claras para facer o terceiro; un tiro cruzado que saeu lambendo o pao e un remate de cabeza que salvaron entre Mika e Luis debaixo da línea de gol.8

Co marcador de 1-2 chegouse ó tempo de vestiarios. Ainda que as ocasións eran para os visitantes, o Rece tiña boas sensacións tras a mellora progresiva no xogo en comparación cos primeiros minutos.

Coa renudación chegou o gol do empate. Alex, tras xogada individual en banda, sirve un centro para Portos quen, medio de volea, consigue superar ó porteiro: 2-2.

gol portos

Este gol espoleounos e fíxonos ir a polo terceiro con máis ganas incluso. Pero este ánimo pouco nos durou xa que no minuto 53 quedámonos con 10 xogadores trala roxa directa a Carabán por menospreciar a un rival. Tocaba reordenar o equipo, defender o empate e  aprobeitar algunha contra. 7

No minuto 60, os visitantes reclamaron penalti ó seu dianteiro pero o árbitro dixo que Luis tocara o balón limpamente. Esta xogada terminou con ese dianteiro expulsado tamén por roxa directa polo mesmo motivo que Carabán, menospreciar a un rival. Co partido de novo igualado en efectivos, o Rece comezou a descolocarse pouco a pouco e a perder o balón moi rápido. Esta situación facía que as ocasións para o Palmeira foran cada vez máis perigosas. A punto estiveron de lograr poñerse en vantaxe nunha xogada na que nos salvou Luis por dobre ocasión: primeiro aguantando ó rival no man a man e facendo que se fora escorando e logo, nesa mesma xogada, despexando un tiro a bocaxarro.

2

Sen embargo, xa non puido facer nada cando, no minuto 80 un claro fora de xogo non era observado polo árbitro e a consecuencia era que un rival se plantase sólo ante Luis con todo a favor para marcar e así o fixo: 2-3. De novo os visitantes por diante e nos a remar.4

Cando parecía que o encontro estaba destinado a que os tres puntos voaran de Recesende, un saque de esquina ao noso favor era rematado por Raúl  na área pequena para poñer ás definitivas táboas no marcador: 3-3. Dicir que neste gol, os visitantes protestaron falta ó porteiro.

Final do encontro, reparto de puntos e os xogadores dun e outro equipo que se marchaban coa satisfacción de dar todo no campo.

Xogaron: Luis, Raúl, Carabán, Eloi, Gustavo, Muras, Mika (Suso), Rafa, Roni (Lojo), Alex, Portos (Ortoño (Pedro)).

Goles: Roni, Potos e Raúl.