ESTAMOS “ON FIRE”
Chegamos ós últimos partidos de liga nun gran momento de forma, especialmente no apartado goleador con dez tantos a favor nas dúas xornadas anteriores. O encontro de onte non tivo moita historia; enfrentabámonos dous equipos que tan sólo nos estamos a xogar facer o máximo de puntos posibles. Unha formidable primeira parte dos nosos provocou que a segunda metade sobrase.
Nos primeiros 45 minutos o Rece foi un ciclón. Case iba a gol por oportunidade. No minuto 8 Mika abría o marcador logo de transformar unha pena máxima señalada por árbitro tras unhas mans rivais, 1-0.
Durante os primeiros vintecinco minutos o xogo dos nosos foi do mellorciño da tempada, intentando xogar o balón por abaixo e facendo moi protagonistas ós homes das bandas, incluido a Raúl que xogou de lateral izquierdo e quen estivo moi activo en ataque. No minuto 14,Mika asiste a Lojo para que éste supere a salida do porteiro cun sutil toque, 2-0.
Parecía que o Queiruga aínda non saira dos vestiarios porque estaba a verse superado con facilidade en todas as liñas. Minuto 25, chega o segundo tanto de Lojo nunha xogada na que de novo Raúl aparece en ataque e o seu disparo defectuoso e desviado intencionadamente polo capi para poñer o 3-0.
Tras este gol, os visitantes sacaron a relucir o seu orgullo e comezaron a discutirnos a posesión. A ocasión máis clara da que dispuxeron foi un centro que Eloi a piques estivo de colar na nosa propia portería no intento de despexar o esférico. O Rece baixou o pistón e estabamos a erder o balón con certa facilidade o que provocaba que o Queiruga se asomara con facilidade polas cercanías da nosa área.
Cerca da chegada do descanso, chegarían dous goles maís: minuto 43, Lojo consigue o seu hattrick logo dunha bonita xogada que comeza nunha banda, tócase ó medio, cambiase o sentido do xogo hacia a outra banda donde está Raúl que asite a Alex quen, primeiro se vai dun defensor e logo asiste a Lojo no segundo pao para que remate de cabeza a placer, 40. Tan sólo dous minutos máis tarde chegaría o 5-0, obra de Alex e resultado co que chegaríamos o tempo de lecer.
Na segunda parte o Queiruga estivo mellor, con moito máis orden. Foron eles quen controlaron o xogo e quenes dispuxeron de máis ocasións. Certo é que nós saímos un tanto relaxados ao vernos con esa diferencia de goles a favor e eles tiñan a obligacion moral de lavar a imaxe dada.
Poideron recortar diferencias nun disparo que saiu demasiado cruzado ó pouco da reanudación. Estaban a gañar moitos balóns no medio do campo e chegando con bastantes efectivos ó ataque.
A segunda metade tamén estivo marcada polo show do colexiado, que se tomou o partido a broma e comezou a sinalar cousas sen sentido, que deixaban a ambos equipos coa boca aberta.
Os goles chegaron nos últimos minutos. Primeiro no 83, Alex fai unha cabalgata das súas pola banda e deixalle un balón franco a Portos para que dentro da área pequena dispare polo pao corto e poña o 6-0.
No minuto 85, os visitantes fan o tanto do honor tras quedarse o seu dianteiro diante de Rubén e superalo por arriba, 6-1.
Así chegou o partido ó seu fin, pero non a actuación do arbitro. Resulta que, cando o noso delegado se acerca ó seu vestiario para que lle faga entrega das fichas e da acta, encóntrase con que éste xa abandoara o estadio, cando o máis normal é que avise como a xente de ben. Pero tiña unha razón para non facelo e é que na acta aparecía reflexada unha roxa directa a Osvaldo no minuto 91 cando este xogador non recibiu ningunha tarxeta e terminou o encontro sen máis, dirixindo hacia o seu vestiario. Unha vez máis, o árbitro, Marco Ricigliano, facía unha das súas que xa non son poucas.
Xogaron: Luis (Rubén), Raúl, Carabán (Gustavo), Eloi, Nacho, Carlos (Muras), Mika (Suso), Lojo, Alex, Portos e Osvaldo.
Goles: Mika, Lojo (3) Alex e Portos.