S.D.C. RECESENDE 6 – 3 SÁLVORA C.F.

ESTA

Auténtico vendaval roxiblanco ante un rival que puido maquillar o resultado nos minutos finais, en parte gracias a dous penaltis na nosa contra. O resultado puido ser de escándalo xa que no minuto 70 o resultado era de 6-0…

Por fin parece que o Recesende encontrou o seu xogo. Xa non son sólo imaxinacións coma as que foron no partido contra o Sar e é que tanto no partido frente ó Dodro coma no encontro de hoxe, o Rece foi superior en todos os sentidos: intensidade, profundidade, anticipación, colocación, seguridade e loita.

Os primeiros compases do partido foron sen embargo para o Sálvora, que tocando o balón dende atrás conseguía que o noso medio do campo sufrira algún que outro desaxuste, pero nada grave xa que non creaban ocasións de gol. Este dominio do Sálvora durou mais ou menos ata o noso primeiro gol, alá polo minuto 12. Balón en longo para Lojo quen supera a saída do meta rival cunha axustada vaselina, 1-0. Case sen tempo para a reacción do Sálvora, chegou o noso segundo gol cun centro de Roni para Osvaldo, quen engancha de primeiras o balón para poñer o 2-0 no marcador. O Rece estaba “on fire” e eso notábase na actitude dos xogadores.

O Sálvora seguía intentando sair co balón xogado, pero a presión dos nosos (aínda que non tan precisa e compacta coma a do domingo pasado) facía que na maioría das ocasións acabaran as xogadas con balóns en largo hacia os seus dianteiros, quen se encontraban unha e outra vez coa templanza e seguridade de Eloi e Carabán.

IMG-20131103-WA0003

Debido a presión da que falaba chegou o terceiro gol. Osvaldo e Muras salen a dificultar a saida do balón do rival, conseguen roubar, Muras abre para Roni e o centro deste que chega a Lojo para que novamente, con algo de sorte, perfore as redes, 3-0 minuto 30.

E no minuto 35 chegou o cuarto gol. Balón que queda dividido fóra da área para que chegue Muras, quen cun tiro raso axustado ao pao consegue estrearse esta tempada coma goleador; 4-0. Dende este gol ata o descanso houbo algunha que outra pequena tangana ou maís ben rifirafe que o árbitro non soupo parar e que fixo que o partido se quentara sen aparente motivo e provocou que o Recesende, perdera en máis de unha ocasión o sitio e dera pé a que o Sálvora chegara con máis perigo á nosa área, pero sen finalizar xogadas.

Chegou o descanso, momento para relaxarse e calmar os nervos. Eloi tiña que ser sustituído tras sentir unhas molestias musculares e entraba no seu sitio Gabi, pasando Jhoni a oucpar o lugar de central e Gabi, o de lateral dereito.

Na segunda parte o Sálvora saiu coa intención de apelotarnos atrás, xuntando xente arriba e colgando balóns, sempre atentos as segundas xogadas. Esta situación deulles algunha que outra ocasión. Pero de novo, coma na primeira parte, cando mellor estaba o rival, chega un novo gol noso. Osvaldo facía doblete e poñía o 5-0 no marcador.

O 6-0 foi obra de Alex, quen acababa de entrar ao terreo e aproveitou a súa velocidade para plantarse ante o porteiro e, case sen ángulo, lograba cruzar o balón para metelo nas redes rivais. A Devesiña era un clamor!!

A partir deste gol, xuntouse a nosa relaxación co orgullo do Sálvora e éstes conseguiron marcar 3 goles (dous de penalti), deixando o marcador nun 6-3.

IMG-20131103-WA0007

Xogaron: Marcial (Diego), Jhoni, Eloi (Gabi), Carabán, Gustavo, Muras (Tubío), Mika, Carlos, Lojo, Roni (Alex), Osvaldo (Raúl)

Goles: 2 Osvaldo, 2 Lojo, Muras e Alex.