S.D.C. RECESENDE – C.D. DODRO

JH

Este domingo visita A Devesiña o Dodro, un equipo que está inmerso na loita polo ascenso. Situado na terceira posición, a 5 puntos do segundo posto que da dereito a xogar a fase de ascenso, estamos seguros de que virán con moitas ganas e todo o que sexa non volver cos tres puntos será un mal resultado para eles. Intentaremos aproveitarnos da súa ansia por conseguir a victoria, aínda que para nos tamén é un encontro importante se non queremos mete…rnos en problemas.
Tras 25 xornadas disputadas, estes son os números do rival: 10 partidos gañados, 9 empatados e 6 perdidos, cun total de 45 goles a favor e 34 en contra.
O partido de ida marcou un punto de inflexión para o noso equipo xa que máis alá do 1-4 conseguido, foi o inicio dunha boa senda de resultados que nos levou a abandonar os últimos postos da clasificación. Esperemos que se repita a historia e que unha victoria neste partido veña acompañado de bos resultados nos seguintes partidos.