
Partido moi importante para continuar na loita polos postos altos da clasificación. Xornada de enfrentamentos directos entre os de arriba que pode facer que, de conseguir volver cos tres puntos de Rois, deamos un bo salto na táboa. Pero para eso hai que ganar e enfrente estará o sempre correoso Rois que sí, que lle podes ganar, pero como sempre seguro que non o vamos a pasar ben nin será fácil debido a alta intensidade que lle transmite este equipo en todos os seus encontros.
Ós locais, recién ascendidos, estalle costando pillarlle o truco á categoría e sólo levan unha vitoria en sete partidos, pasando a ocupar a parte baixa da clasificación.
O Rece viaxa a este encontro con bastantes baixas, destacando especialmente a de Carabán, pero con moitas ganas de seguir nesta boa racha.