Chega o líder á Devesiña, chega o Carcacía.
Increible a tempada que está a realizar este equipo, que presumiblemente non era dos chamados “favoritos” para lograr o ascenso, pero que co paso das xornadas estáse consolidando como un plantel sen fisuras, forte e moi competitivo.
Dos 20 partidos que disputou: gañou 15, empatou 2 e perdeu 3 encontros. Estes tres partidos nos que saiu derrotado foron coma visitante, polo que quizais este sexa o seu punto débil.
Estamos en débeda coa nosa afición tras o último partido, polo que nada mellor que unha vitoria ante o primeiro clasificado.