S.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.

jmS.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.
Encontro correspondente á 8 xornada no que, tal e como anunciamos fai xa un tempo, se vai donar o 50% do recaudado para unha boa causa como é axudar a José Manuel para que consiga andar. Tanto José Manuel coma o pai van a intentar estar ó principio do partido pero a coincidencia con outro acto tamén de axuda para o rapaz fan que non poidan estar todo o tempo que nos gustaría a todos. De todos modos, ao final do encontro darémoslle o recaudado a unha familiar del.
Xa no apartado estrictamente deportivo, o Recesende chega a este encontro cheo de moral e con moitas ganas de demostrar que o bo partido feito o domingo pasado non foi un espexismo e de seguir sumando de tres en tres para afastarnos canto antes dos últimos postos da clasificación. Enfrente estará o Furia, plantel que está na duodécima posición na táboa e que empezou a liga con moitas dudas e malos resultados: sólo 1 punto conseguido nos 4 primeiros partidos. Pero pouco a pouco parece que se está asentando e nos últimos tres partidos conseguiu 7 puntos. Presenta o seguinte baance: 2 partidos gañados, 2 empatados e 3 partidos perdidos; sumando 8 goles a favor e 14 en contra Según oídas, trátase dunha plantilla bastante renovada tras marcharlle varios xogadores que levaban tempo no clube así coma o entrenador.
De gañar o partido empataríamoslle a puntos, polo que é un partido importante para non despegarnos polo menos da zona media da clasificación.
Non o dudes e ven a animar ó Recesende a partir das 17:00 e de paso a axudar a cumplir o soño de José Manuel e da súa familia.