S.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.

CARTELACO111S.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.
Este domingo despedimos o ano en canto a fútbol se refire. A última xornada do 2014 trae á Devesiña ó Furia, equipo que non está realizando a súa mellor tempada nin moito menos. 3 encontros gañados 2 empatados e 10 partidos perdidos derivan en que estea situado no fondo da táboa. A pesar disto, non nos fiamos para nada deste plantel xa que non se nos dou nada ben nas últimas tempadas. Sen ir máis lexos, no curso pasado saímos derrotados nos dous enfrentamentos contra eles.
Como queremos rematar o ano felices como perdices e que vos o vexades, animámosvos a todos a que asistades á Devesiña e asi ver de paso en persoa o guapa que quedou a grada!