S.D.C. RECESENDE – S.D. CACHEIRAS

collage

S.D.C. RECESENDE – S.D. CACHEIRAS
Volve a liga á Devesiña e faino en forma de derbi. Aínda que ambos equipos xa selaron a súa permanencia e non optan máis que a acabar o máis arriba posible, a rivalidade histórica que conleva este partido fai que sexa sempre moi emocionante e que os xogadores saian ó campo dispostos a dalo todo, coma se houbera un título en xogo. Esa actitude é, polo menos, coa que vamos a sair nos. Vamos a intentar darlle unha alegría a nosa afición, esa que nos acompañou nos partidos coma locais e, sobre todo, nos que xogamos fora que é donde máis falta nos facía e responderon da mellor forma posible, sendo un dos equipos que máis seguidores carrexa ós campos visitantes.
Por estas razóns e máis porque está en xogo tamén ser o primeiro equipo do concello de Teo na categoría (o Praiña está nesta loita tamén) estamos motivados ao 100% de cara o encontro de mañán.
Vexamos como chega o Cacheiras a estas alturas de campeonato: ocupa a sexta posición con 44 puntos, un máis que nos; gañou 13 partidos, empatou 5 e perdeu outros 13 encontros, cun total de 45 goles a favor e 52 en contra. Nos seus partidos coma visitante conseguiu 5 victorias, 2 empates e 8 derrotas.
No partido de ida o resultado foi de 1-0 para o Cacheiras cun gol nos minutos finais, nun encontro que tivo unha parte para cada equipo.
Para este partido recuperamos a Munín e a Muras, que volven despois de varias semanas apartados por lesión.