S.D.C. RECESENDE – S.D. ESCLAVITUD

local

Partido duro e de garra o que se preve que se dispute hoxe na Devesiña entre dous equipos que, aínda que sólo os separan catro puntos de diferencia, agora mesmo as súas miras son distintas. Pola nosa parte queremos sumar tres puntos para alexarnos definitivamente dos postos perigosos; e os visitantes quererán gañar para acercarse á zona de promoción de ascenso a cal teñen a sólo 3 puntos.
O Esclavitud ven de conseguir tres empates nos seus últimos tres partidos e chega con estes números: 8 partidos gañados, 7 empatados e 5 encontros perdidos, conseguindo 29 goles a favor e 21 en contra. No partido de ida, o resultado foi de 5-0 no que posiblemente fora o peor partido do Recesende no que vai de liga. Esperamos poder desquitarnos e conseguir unha victoria que nos permite afrontar un pouco máis tranquilos o seguinte partido.