S.D.C. RECESENDE – SPC PRAIÑA

1381404_588938701163885_5206735_nA sexta xornada ligueira traenos un partido moi atractivo, xa que se trata dun derbi que dende a tempada pasada pasou a ser algo máis que un partido entre dous equipos veciños, pasou a ser un partido no que, aparte da importancia dos tres puntos, está en xogo unha dose de confianza e de autoestima vital para os seguintes partidos. Se a tempada pasada as gradas xa estiveron cheas para este partido, tanto na ida coma na volta, este ano cos dous equipos nunha categoría superior non se espera menos e ademáis o tempo parece que vai favorecer esta causa e nos vai acompañar o sol durante a tarde de domingo.
Os dous equipos chegan a este encontro dunha maneira moi distinta. O Praña, logo de encadear tres partidos consecutivos gañados, está coa moral polas nubes como sería lóxico. Non arrancou ben na liga o equipo de Reis tras perder os seus primeiros dous partidos pero consigueu refacerse e ahí está ahora quinto na clasificación e presentando os seguintes números: 3 partidos gañados e dous empatados, con 12 goles a favor e 7 en contra.
Pola nosa parte, vamos coa intención de estrear o nosos casilleiro de victorias. Con 15 xogadores dispoñibles afrontamos o derbi coa maior forza e ilusión posible sabendo que se queremos podemos facer da Devesiña un auténtico “inferno”.

libreta