Duro e tráxico final de partido para o Recesende, que veu coma cerca do minuto 90 o Cacheiras metía un gol que lles roubaba as opcións de puntuar na Cañoteira. Creo que non merecimos perder, sobre todo despois das ocasións e o xogo mostrado na primeira parte. Xa o segundo periodo foi outra historia; o Cacheiras saiu máis entonado e, sen chegar a ter tampouco moito perigo, si que se via un pouco máis superior a nos.
A primeira parte, como decía, foi totalmente para o Recesende. Tivemos claras opcións para adiantarnos no marcador pero noin tiñamos o noso día nos metros finais. Lojo tivo unha de cabeza que bateu no lateral das redes e tamén un tiro dende fora da área que se paseu pegado ao longueiro. Alex tampouco estivo fino, xa que de conseguir controlar ben dous balóns en sendas xogadas, plantaríase sólo diante do porteiro rival.
A posesión do balón era nosa totalmente. Deixabamos que quitaran en corto os saques de portería e a partir de ahí presionabamos a saída dos centrais, que se vían obligados a colgar o balón arriba con pouco éxito. Nos seguiamos fieles ao noso estilo: non complicarse atrás e todo balón que pasaba polo medio era aberto ás bandas. Así conseguimos facerlle perigo o Cacheiras.
Chegou o descanso e nel quixémonos mentalizar da mesma forma que o domingo anterior: había que ir arriba dende o primeiro minuto. Sen embargo hoxe non nos funcionou e saimos á segunda parte medio dormidos. O Cacheiras conseguía sacar o balón xogado dende atrás hacia os seus medios e rondaba a nosa área con varios saques de esquina nos primeiros 15 minutos. Despois consguimos igualar un pouco a posesión do balón pero non tiñamos profundidade, faltábanos frescura. O Cacheiras tivo unha moi boa oportunidade cun disparo case a bocaxarro que salvou Marcial e nos tamén conseguimos chegar unha vez con perigo por mediación de Alex, que intentou un tiro cruzado pero tamén o atallou o porteiro.
Pasaban os minutos e cando xa os dous equipos daban por bo o empate chegou a xogada do gol, nun balón aéreo que non soupemos despexar e que foi aproveitado polo Cacheiras para facer felices os seus seguidores.1-0 e case sen tempo para reaccionar.
Destacar a gran entrada que houbo no campo da Cañoteira, especialmente dos nosos seguidores que acudiron en masa e non pararon de animar en todo momento. Lástima de non poder devolverlle ese apoio en forma de puntos pero bueno, o domingo temos unha moi boa oportunidade para desquitarnos xa que recibimos ao lider da categoría, o Lesende.
Xogaron: Marcial, Jhoni, Nacho, Carabán, Eloi, Muras (Tubío), Mika (Raúl), Carliños, Lojo, Alex (Gustavo) e Munín (Gabi)