S.D. CACHEIRAS 2 – 0 S.D.C. RECESENDE

DSC06723INOPERANTES.

Ese é o adxectivo co que podemos definir o xogo dos nosos no encontro de onte. Fixemos un dos peores partidos da liga no peor momento, no peor escenario e cando tiñamos todo de cara para gañar o encontro tal e como se nos puxo.

Boa entrada no municipal da Cañoteira para presenciar este derbi local cunha temperatura que baixaba conforme transcurrían os minutos. Os locais necesitaban os tres puntos para que os dous de arriba non se distanciaran; nos necesitabamos puntuar para seguir nesa bonita quinta plaza. Comezou o encontro con moitos nervios e tensión que se traduciron en constantes protestas ó árbitro case dende o minuto un. O colexiado, para cortar eso, comezou a sancionar estas actitudes moi pronto. Así, no minuto 17 un xogador rival é amonestado por protestar e acto seguido leva a segunda tarxeta amarela coa conseguinte expulsión por faltarlle ó respeto. Minuto 18, 0-0, e xogamos en superioridade ¿qué máis podemos pedir? Pois parece que aínda queríamos máis favores porque non aproveitamos tal situación, senón máis ben o contrario.DSC06777

Froito desta expulsión o Cacheiras enrabietouse e nos non eramos capaces de sacar o balón do noso campo. Tiñan mala pinta estes minutos e asi foi: minuto 23 pase cruzado ó seu interior que pon un pase raso e Carliños, no seu intento de despexar o balón, marca en propia meta, 1-0.DSC06766

A teoría decía que non había que alarmarse porque quedaba tempo de sobra para darlle a volta ó resultado, pero a práctica demostraba todo o contrario. O medio do campo estivo totalmente desaparecido, únicamente Carliños se mostraba para comezar as xogadas, ás cales non tiñan bo fin.DSC06763

Os locais deixaban que a nosa defensa tocara con tranquilidade, pero unha vez intentabamos o pase ó interior ou co propio medio, apretaban ben sincronizados e logrando roubar numerosos balóns. Con esto, a xogada que máis empleamos era o pase en largo a banda, sobre todo a de Alex, que non foi capaz de aproveitarse da habilidade e velocidade que ostenta. DSC06754

A primeira parte transcurreu así, o Cacheiras esperando no seu campo pero sin estar agazapado e xogando moi fácil, sen complicacións; e nos moi imprecisos e xa algo nerviosos ó ver que os minutos trasncurrían sen ser capaces de achegarnos á portería rival. Dúas ocasións podemos contabilizar ó noso favor: un pase largo a Mika que supera ó porteiro por arriba nunha salida en falso de éste, pero que é cortado pola rápida acción do defensa; e un fora de xogo moi protestado que deixaba sólo a Munín.

DSC06744

No descanso, Suso intentou tranquilizar ó vestiario. Había que facer máis ancho o campo, intentar que se descolocaran e tocar tranquilos. Seguía habendo tempo.

O inicio da segunda parte foi máis do mesmo coa única salvedade de que quizáis o Cacheiras deu un paso atrás, normal. Pero seguía estando forte, impedindo calquer acercamento e roubando balóns en zona de 3/4. No minuto 54 chegou o golpe case definitivo: balón en banda para o figuritas local (ese que se cree unha estrela, pero non se debeu dar de conta de que está a xogar en segunda rexional) que dispara a portería e o balón, tras tocar en Eloi, despista un pouco a Luis que non pode evitar que se cole na meta: 2-0. As sensación dadas polo noso equipo facían inviable a remontada, pero non desistimos de intentalo.DSC06762

Pasamos a xogar con defensa de 3 e dous puntas. Carliños tomou o control do esférico e dirixiu ó equipo para, como mínimo, intentar chegar ó marco rival. A primeira gran ocasion tivoa Alex cando recibiu un balón entro da área e o seu tiro demasiado cruzado a piques estivo de envialo para dentro Lojo, que non chegou por moi pouco. Máis tarde sería Raúl quen se plantou diante do porteiro, pero non o puido superar e o balón terminou en córner, como tamén rematou así un forte disparo de Roni dende a frontal. Os locais pola súa parte dispuxeron dun tiro ó largueiro para conseguir o terceiro.DSC06782

Non houbo tempo para máis e o Cacheiras que se levou uns moi merecidos tres puntos.

Xogaron: Luis, Nacho, Eloi (Roni), Carabán, Raúl, Muras, Carlos, Mika (Lojo), Pedro (Rafa), Alex e Munín (Jusepe).