PARTIDO ACCIDENTADO QUE SE DECIDE NOS ÚLTIMOS MINUTOS E QUE DEIXA AO RECE SEN PUNTOS E CUNS CANTOS HOMES NA ENFERMERÍA.
Pisabamos o terreo de xogo do colider coa intención de facer olvidar a derrota en casa da xornada anterior e intentar facer un bo papel para sacar algo positivo. O partido prevíase complicado xa que as numerosas baixas obligaban a alinear unha defensa de circunstancias, con Roberto (lateral) xogando de central e Munín (interior) de lateral. Co paso dos minutos, o tema complicábase ainda máis se cabía coa lesión de Roberto, de Eloi e de Lojo, e os problemas físicos cos que acabou Muras.
Nos primeiros 20 minutos do partido sólo existeu un equipo, o Carcacía, que aproveitouse de que estaban coa moral polas nubes tras o seu bo comezo de tempada e saliron a comernos dende o principio, e eso foi o que conseguiron. Adiantáronse rápido, no minuto 5, tras un saque de esquina no que o balón lle caeu nos pes a un rival, deuse a volta case na área pequena, e batía a Luis cun forte disparo: 1-0.
O Carcacía era quen facía todo, bueno todo menos correr detrás do balón que de eso encargabámonos nós. Eles entraban forte ó balón, estaban seguros atrás, abrían balóns ás bandas, terminaban todas as xogadas e creaban moito perigo. O máis xusto era que tras o paso deses 20 primeiros minutos o resultado fora máis amplo para os locais quen, sobretodo nas xogadas a balón parado, tiveron claras oportunidades para facer aumentar a diferencia.
Pasado o primer tercio do partido, sonou o despertador e pareceu que despertamos. Xa parecíamos outro equipo, perdón, parecíamos un equipo. Todo cambiou tras unha boa xogada colectiva que terminou cun remate de Rafa, o cal foi detido polo meta rival cunha moi boa parada. A partir desta ocasión, demos un paso hacia adiante, xuntamos liñas e comezamos pouco a pouco a ir gañando a posesión do balón.
No minuto 37 chegou o gol do empate. Saque de falta lateral desde zona de tres cuartos que é colgada ao segundo pao onde aparece Lojo para tocar o esférico hacia Muras, quen sólo ten que tocalo para introducilo dentro da portería: 1-1.
Tras o gol do empate, os dous equipo firmaron a tregua, non correron riscos e conformáronse con chegar ao descanso co empate.
A segunda metade foi moito máis equilibrada en canto ó control do xogo se refire. O cambio obligado de Roberto, fixo que Muras pasara a ocupar a posición de central e deu entrada a Sebas, co que a priori gañabamos en músculo e chegada. O problema foi que o partido entrou nunha dinámica na que predominou o balonazo en largo, a espera do fallo nos despexes en defensa ou na búsqueda do segundo balón. Pero durante toda a segunda parte, ambas defensas mostráronse moi fiables sen apenas dar opción ós dianteiros.
Toda a tranquilidade en canto a ocasións se refire, cambiou a partir do minuto 85. Tráxico minuto para os nosos intereses, xa que Munín e Lojo chocaban cabeza con cabeza, sendo este último o peor parado, cunha máis que probable rotura do tabique nasal, a espera das probas médicas.
Cos cambios xa feitos, tivemos que acabar o partido con 10 homes. Xusto na xogada seguinte a este incidente, córner a favor do Carcacía que logramos despexar pero o rexeite caelle a un rival no lateral da área e consegue sacar un disparo que supera a Luis, quen estaba tapado e non foi quen de ver a saida do balón: 2-1.
Cun home menos fomos a buscar a heroica e a punto a conseguimos cunha gran volea de Carliños desde fora da área que se marchou moi cerca da portería rival. Ese foi o noso ultimo cartucho.
Xogaron: Luis, Nacho, Munín, Eloi (Suso), Roberto (Sebas), Muras, Mika (Portos), Carlos, Lojo, Rafa e Ortoño (Alex).
Gol: Muras