UN PENALTI EN CONTRA NO MINUTO 96 IMPIDE QUE VOLTEMOS COS TRES PUNTOS
Resultado xusto co que se resolveu un encontro no que os locais dominaron a primeira metade e o Rece, a segunda. A pesar de dar como bo o empate, quedamos con mal sabor de boca por esa última xogada na que se nos escapou a vitoria.
O Esclavitud tivo o dominio do esférico e foi superior na primeira metade. Nós como xa fixeramos na última xornada, repetimos o esquema 3-5-2 pero desta vez tivemos máis problemas, sobre todo de colocación. O feito de que os extremos locais xogasen moi pegados ás bandas obligaba a que Raúl e Jusepe (laterais) se tiveran que separar en demasía de Carabán, algo non recomendado cando se xoga con defensa de tres. A outra solución era que os carrileiros Lojo e Alex botaran unha man á hora de defender, pero nun campo tan grande, este feito acabaría por rebentalos físicamente.
O citado dominio local non se traducía en ocasións pero sí en posicionamento e anticipación. Estaban ben colocados e conseguían combinar con certa facilidade. Sen embargo, a primeira oportunidade do encontro disfrutámola nós e chegou tras unha bonita xogada por banda de Lojo que rematou nun centro ó que Pedro non chegou por milímetros. Curiosamente, foi tras esta xogada cando chegou o primeiro gol: minuto 21, o Esclavitud combina rápido e o balón chégalle ó extremo diestro que entrando na área, bate a Rubén por arriba, tras queda éste a media saida; 1-0.
Esta mínima vantaxe puido aumentar nos minutos seguintes nun remate de cabeza tras un saque de esquina que atrapou Rubén con apuros e tamén nun tiro do seu dianteiro dende fora da área. Pola nosa parte, a pesar de xogar con dous homes arriba coa intención de ter presencia na área rival, non logramos crear perigo e nin sequera chegamos a disparar entre os tres paos.
Co resultado de 1-0 marchámonos a vestiarios. Había que solucionar o problema de defender o xogo por bandas rival e tamén obligar aos nosos homes do medio a que deran un paso hacia adiante, que tiraran do equipo co obxectivo de buscar área contraria.
A segunda parte foi distinta. Rafa colleu máis protagonismo e estivo máis tempo en contacto co balón e Lojo máis o mesmo. O gol do empate chegou no minuto 66 nun contragolpe que culminou cun soberbio disparo de Rafa dende fora da área que entrou moi pegadiño ó poste; 1-1.
Este gol non cambiou a dinámica da segunda metade e seguimos dominando lixeiramente. O Esclavitud acercábase a base de forza e loita e a piques estivo de volver a poñerse por diante nun disparo que obligou de novo a Rubén a lucirse e enviar o balón a córner.
Co empate no marcador chegamos ó desconto. No minuto 92 disfrutamos dun saque de esquina ó noso favor que foi o primeiro de tres seguidos, cun tiro ó pao incluido nun deles. Foi no minuto 94, no que o terceiro córner supuxo un remate de cabeza de Carabán que parece ser que desvía algúen e o balón termina entrando nas redes provocando o 1-2. O encontro estaba acabado pero o colexiado determinou que ainda quedaba tempo para deixarlle sacar dous novos saques de esquina os locais, nos cales houbo falta ó porteiro en ambos que non viu. No segundo, esta falta desembocou nunha man de Carabán pola que foi expulsado con roxa directa xa que intentaba salvar o gol. O penalti posterior sería transformado e remataría o partido con 2-2.
Xogaron: Rubén, Jusepe, Carabán, Raúl, Mika (Portos), Carlos, Rafa, Alex (Roberto), Lojo, Pedro e Roni.
Goles: Rafa e Jusepe (o acta atribuillo a él)