S.D. URDILDE 3 – 1 S.D.C. RECESENDE

9

PESADILLA EN URDILDE

Xa avisabamos na previa que éste era un partido trampa porque o posto que ocupaba o rival na clasificación podía levarnos a engaños, e así foi. O Urdilde, tras o demostrado neste encontro, é un equipo para estar na parte media-alta da táboa. Nos sufrimos o temido mal de altura xa que, coa boa racha coa que chegamos a esta xornada, quizais pensamos que non facía falta que nos esforzaramos ó 100% para conseguir os 3 puntos e estábamos moi moi engañados. Se houbera que poñer notas individuales a cada un dos nosos xogadores, ningún de eles chegaría ó aprobado. Así, imposible sacar algo positivo.

Antes de que dera comezo o partido, chegou o primeiro contratempo. Jusepe sentiu un tirón nos abductores durante o quentamento que lle facía imposible ser da partida. A esta baixa uníuselle a de Nacho que sólo foi capaz de aguantar 20 minutos de partido tamén por mor dunha nova lesión muscular. Se xa éramos poucos en defensa, pareu a abuela.

5

Durante os 90 minutos do partido, o Urdilde foi superior en todos os sentidos. En toda a primeira metade sólo conseguimos tirar un tiro e para eso foi dende fora da área e sen ningún problema para o porteiro. Nin sequera disfrutamos dun mísero saque de esquina ao noso favor. Eles tíñano moi claro: balóns por arriba ó seu dianteiro, que cansouse de gañalos, e chegar rápido os seus homes de segunda liña para levarse as segundas xogadas. Practicaron un xogo directo, pero ben traballado e con moi bos froitos.

4

Tamén crearon perigo en cada saque de banda relativamente cerca do banderín de corner, de novo aproveitando que os seus xogadores seguían estando máis hábiles para adiantarse e peinar o esférico en boa parte desas xogadas. Os locais avisaron cun bo tiro dende fora da área que se marchou ao lateral da rede. Non sería ata arredor do minuto 40 cando conseguiron poñerse por diante. Falta que colgan dende o seu campo, o dianteiro peina o balón e éste quédalle a un compañeiro para que supere a un Rubén no man a man: 1-0. O gol aínda nos atontou máis xa que nada máis sacar de centro, perdemos o balón e deixamos vendido novamente a Rubén que consegue salvar, desta vez sí, o segundo gol nun man a man. Chegouse ó descanso con esta mínima desventaxe no marcador e gracias.

3

A segunda parte foi máis do mesmo. O feito de que todos os rexeites foran a parar ós pés dos xogadores rivais non era por casualidade. A razón estaba en que en cada xogada había un mínimo de 3 xogadores cerca do balón, mentras que nos sólo acudíamos con un xogador; a lóxica decía que calquer rexeite iría parar a un home de eles. Tampouco podemos achacar a que gañasen a inmensa maioría de balóns aéreos ó feito de que foran máis altos, senón que os gañaban porque iban con máis ganas e intensidade a por eses balóns.

1

A pesar de todo, as primeiras ocasións dos segundos 45 minutos foron para nos. Primeiro nun forte tiro de Muras desde a súa casa que foi parar ao longueiro e dar o bote cerca da liña. Minutos despois chegaría o empate, obra de Carabán de cabeza, á salida dun corner executado por Rafa, que terminou cun remate do primeiro pola escadra: 1-1.

2

Este empate non estaba a facer xusticia se temos en conta os méritos feitos por ambos equipos, pero como di o refrán “a cabalo regalado non lle mires o dente”. Tiñamos a ilusión de que o gol provocara en nos unha reacción positiva, pero nada máis lexos da realidade. O Urdilde seguiu a ser o dono e señor do encontro, facendo estéril calquer amago de reacción pola nosa parte e creando sensación de perigo en todas as xogadas de ataque.8

O 2-1 chegou nun erro da nosa defensa, que arriesgou de más e perdeu un balón nunha zona comprometida e o balón terminou nun xogador rival quen, nun máis que posible fora de xogo, bateu a Rubén dentro da área pequena. Este gol provocou as protestas dos nosos e fixo que nos foramos totalmente do encontro. Os locais seguían gozando de ocasións e o terceiro gol non se fixo esperar. Balón que recolle o dianteiro, párase pensando que estaba en situación de fora de xogo e, ó ver que o árbitro deixa continuar, non o pensa dúas veces e lanza unha vaselina para batir de novo ó noso meta e poñer o 3-1.7

Desde este gol ata o final do encontro, estaba máis cerca o cuarto gol dos locais que a posibilidade de que reduxéramos diferencias. O árbitro decretou que o partido tiña que terminar e os xogadores marcharon para vestiarios, uns contentos tras o bo partido feito e os nosos, moi enfadados tanto pola derrota como pola imaxe dada.

En 15 días, pasamos de facer o mellor partido do que levamos de tempada a xogar un pésimo encontro. O peor de todo é que non temos nin excusa nin razóns para explicar o sucedido. Sólo decir que xa estamos desexando que sea domingo para disputar un novo partido e volver a facer un bo encontro e, por encima de todo, disfrutar xogando.

Xogaron: Rubén, Nacho (Gus), Carabán, Muras, Raúl, Carlos, Mika, Rafa, Portos (Roni), Alex e Sebas (Ortoño)

Goles: Carabán.