TRES PRIMEIROS PUNTOS
Primeiro partido na casa primeira victoria. Foi un encontro bastante feo o que xogamos onte pero o que conta ó final é o resultado e máis tendo en conta o aspecto que presentaba o terreo trala chuvia caída.
O partido comezou movido xa que ainda estaba entrando xente ó campo e Lojo encargouse de poñernos por diante ó culminar de cabeza unha bonita xogada entre Mika e Roni que terminaba cun preciso centro de éste último: 1-0.
O Queiruga espavilou rápido e antes do minuto 10, recuperan o balón no medio do campo e saen rápidos dirección portería para finaliza a xogada cun forte disparo dende a frontal: 1-1.
Volta a empezar. Tralo gol, o xogo pausouse e volveu a calma. O único camiño que tiñamos para crear perigo eran a bandas, pero non soupemos aproveitalas. Cada vez que nos faciamos co balón no medio do campo sobrábannos toques e non fomos o suficientemente hábiles para ler o xogo do contrario que acumulaba homes na parcela do medio xa que os interiores se cerraban descaradamente. Esto povocaba que as bandas, sobre todo os laterais, tivesen moito espacio para recibir cambios de orientación con tempo para controlar e buscar pase con calma, pero non movimos o balón rápido.
Dúas claras oportunidades tivemos para irnos a vestiarios con vantaxe: Lojo cun tiro que se foi o lateral da rede e Carabán nun remate de cabeza dentro da área pequena que marchou bicando o pao. O Queiruga buscaba estaba forte defensivamente e buscaba o camiño para atacar con tiros desde fora da área, nos que destaca un que obrigou a estirarse a Luis. Así nos fomos ó descanso.
A volta do descanso, o encontro reiniciou da mellor maneira posible. De novo xogada de Roni en banda que apura liña de fondo e volve centrar ó segundo pao para que aparecera outra vez Lojo e nos puxera por diante definindo coa cabeza: 2-1.
Moito tempo por diante e tiñamos que ser listos para non repetir os erros da xornada anterior. Tratamos de controlar o xogo mantendo o equipo arriba e conseguímolo, pero non a tempo completo. Houbo momentos de descolocación que lle deron alas ós visitantes para crearnos perigo. A súa oportunidade máis clara chegou nun balón á espalda dos nosos centrais e que deixou ó dianteiro sólo pero éste, tras facerse un lío co esférico, perdeuno trala rapida corrección defensiva dos nosos.
Tivemos oportunidades para non chegar ó final coa mínima vantaxe: Portos por doble partida nun remate de cabeza e tamén nun tiro franco ó lateral da rede e Brais nunha volea que marchou fora cando estaba libre de marca no segundo pao.
Co pitido final chegaron os tres primeiros puntos da tempada para o Rece que sube ata a metade da táboa.
Xogaron: Luis Roberto, Gustavo, Carabán, Muras, Mika (Pedro), Carlos, Peri (Rafa), Lojo, Roni (Brais) e Osvaldo (Portos).
Goles: Lojo (2)