AS INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS MARCARON UN PARTIDO QUE ACABOU CAENDO PARA O NOSO LADO.
As continuas chuvias fixeron que o campo non permitira un xogo combinativo, polo que o dous equipos optaron por evitar riscos innecesarios e buscar os balóns en largo para que traballaran tanto os defensas como os dianteiros por adueñarse do esférico.
Entramos ben no partido, chegando con claridade polas bandas. O primeiro acercamento foi de Roni nun balón que colleu na súa banda, foi trazando unha diagonal hacia dentro e rematou a xogada cun disparo coa súa zurda que se marchou desviado.
Acto seguido adiantámonos no marcador alá polo minuto 12, con Roni de novo de protagonista xa que o seu centro medido era rematado de cabeza no segundo pao por Lojo superando ó porteiro por arriba: 1-0.
O gol durmeunos e o Oleiros veuse arriba a polo empate, que chegaría no 17 cando unha recuperación no seu campo propicicou unha boa e rápida xogada de ataque que acabou nas redes tras uns rexeites: 1-1. Este gol non cambio o dono do xogo nos seguintes minutos e seguiron sendo os visitantes os que tiñan máis perigo. A piques estiveron de facer o segundo nun man a man na que o balón se paseou por diante da portería e saiu fora.
Eran minutos de desconcerto para os nosos vendo que o rival non se cortaba nada á hora de disparar desde calquer lado e de finalizar as xogadas sí ou sí. Nos últimos minutos o Rece volveu a achegarse á portería rival e tivo unha clara ocasión nas botas de Portos que superou ó porteiro e o seu disparo saiulle moi floxo e a defensa evitou que o balón entrase.
Na segunda parte houbo máis goles que xogo. Ata o minuto 65 o partido foi bastante pobre en canto a xogo e ocasións, aburrido para ser claros. Neste minuto os visitantes póñense por diante tras un erro en defensa no que o seu dianteiro nos rouba o balón e se perfila ante Pedro para batilo: 1-2. Era o momento de reaccionar e así o fixemos. Minuto 73 e un pase da morte de Lojo é aproveitado por Portos para meter o balón na portería con suspense: 2-2. E despois do segundo, veu o terceiro logo dun córner que lle chega a Gustavo no segundo pao e engancha o balón para metelo entre as pernas do gardamallas: 3-2.
Conseguímolle dar a volta ó marcador e xogamos cun home máis os últimos cinco minutos trala roxa directa a un contrario. Xa no desconto chegou a sentencia cun novo gol de Gustavo qeu se sumou ó ataque nun contragolpe e o finalizou cun remate de cabeza en plancha: 4-2.
Sete puntos nas últimas tres xornadas, algo que parecía inviable vendo as dificultades que estamos tendo para xuntar once xogadores.
Xogaron: Pedro, Cristóbal, Brais, Carabán, Gustavo, Mika, Carlos, Peri (Suso), Lojo, Roni e Portos.
Goles: Lojo, Portos, Gustavo (2).