
GRACIAS, GRACIAS E GRACIAS. Non podemos empezar o resumen deste partido sen antes agradecer o apoio incondicional que nos brindou esta pedazo de afición que temos. E non falamos sólo deste partido, senón que estamos a xeneralizar de toda a temporada. Moi orgullosos estamos todos os xogadores, directivos e corpo técnico da pedazo de hinchada que poseemos. Gracias a eles o partido de hoxe non comenzou con 0-0, senón que partimos cunha gran ventaxa que era a goleada no que a xiareiros se refire. Gracias a eles, saímos airosos de cada balón dividido polo apoio e ánimo constante que nos ofrecían. GRACIAS, en maiúsculas. A vitoria e o bo partido de hoxe era o menos que vos merecíades.
Entrando xa no que pasou no terreo de xogo, podemos resumilo nunha primeira parte moi igualada e nuns segundos 45 minutos no que o noso equipo foi xusto merecedor dos tres puntos.
Nos primeiros instantes do partido, o Praiña era lixeiramente dominador do partido. Sorprendéronos coa súa táctica xa que para nada esperabamos un xogo tan directo e menos tras ver o últimos antecedente na copa de Teo na que durante os 90 minutos sairon xogando o balón desde atrás. Polo tanto, costounos un pouco adaptarnos a ese estilo de xogo, onde hoxe máis que nunca había que estar moi atentos aos segundos balóns. Pero unha vez que nos acoplamos no campo, demos igualado o dominio do esférico e poidemos conectar, unha vez máis, cos nosos interiores que foi por onde creams máis perigo. A mellor ocasión da primeira parte foi do noso disfrute, con Alex coma protagonista, pero que non deu definido no man a man (un pouco desequilibrado pola defensa) e o porteiro sacou o seu disparo. Esta xogada fíxonos ver que a clave era esa banda, a de Alex, que coa súa velocidade podiamos facer moito dano, pero na primeira parte éste non estivo moi acertado e o seu desquicio acabou nunha merecida tarxeta amarela polas súas protestas ao árbitro. A mellor oportunidade do Praiña tivo lugar nun centro desde a banda dereita que Marcial deu despexado con dudas tras un remate dentro da área pequena.

Conforme pasaban os minutos o Recesende ía gañando máis balóns divididos, estaba máis atento as segundas xogadas do Praiña e Lojo, sempre apoiado por Mika, intentaba facer xogadas que tiñan boa pinta pero que non as dabamos teminado. O único que podemos botarnos en cara foi a pouca presencia de Rafa na primeira parte, xa que non lle obsequiamos con balóns ao pé e abusamos de balóns por arriba para que él se peleara cos dous centrais. O susto deuno Muras que tras un golpe nas costelas, quedou sen respiración e tivo que ser atendido sen máis problemas para volver ao campo.

Chegou o descanso e con él os consellos do mister: xogar máis con Rafa en corto, seguir coa mesma intensidade, balóns rápidos ás bandas e, sobre todo, non protestar ningunha decisión árbitral debido a que xa eran unhas cantas as amarelas que tiñamos durante o primeiro tempo.
A segunda parte comezou cos equipos moi comedidos a sabendas de que un erro na parte defensiva podía ser crucial e decisivo. O Praiña tivo unha boa oportunidade tras unha xogada en banda que terminou nun disparo dende fora da área que se marchou por ben pouco. A nosa resposta chegou no minuto 67, cando Alex fixo un cambio de xogo para Roni quen, de primeiras asisteu a Rafa para que definira a perfección no man a man: 0-1. Este gol foi bastante discutido por parte do Praiña que pedía un posible fora de xogo.

Tras este gol o xogo directo do Praiña cobraba máis forza que nunca pero seguía sen dar os froitos desexados. Eso sí, puido empatar nun mal despexe dos nosos logo dun corner, no que o tio dun dos seus xogadores terminou no pao da portería defendida por Marcial. E que mellor maneira de sobrepoñernos a este susto que marcando un novo gol: cambio de papeis con respecto ao primeiro tanto e neste caso era Roni que asistía a Alex para que batira de cabeza ao porteiro: 0-2 minuto 83.

O éxtasis da afección recesendiana alcanzou o seu grado máximo co 0-3 desta vez de penalti e con Alex de novo coma protagonista tras ser a víctima da pena máxima e tamén o seu propio lanzador, enganando ao porteiro. Era xa o minuto 90 e o partido estaba finiquitado.
Xogaron: Marcial, Nacho, Adrián (Gus), Carabán, Jhoni, Muras, Tubío (Roni), Mika (Gabi), Lojo, Alex (Aitor) e Rafa (Raúl)
Goles: Rafa e Alex (2)
