SP.C. PRAIÑA 3 – 0 S.D.C. RECESENDE

DIFÍCIL DE EXPLICAR

Cero puntos, un gol a favor e catorce en contra. Éste é o noso balance nos últimos cinco encontros disputados. A situación oblíganos a reaccionar xa e os pesos pesados e veteranos do equipo deben de dar un paso ó frente e guiar o cambio no equipo. Non é normal que, sen apenas cambios na plantilla, cando ainda non se disputou un tercio do campionato xa levemos máis da metade das derrotas que sufrimos o ano pasado.

Segundo derbi seguido e, a boa imaxe mostrada no anterior, queríamos que se traducira en puntos. O encontro comezou con esperanzas de que así fora con dúas ocasións con sendos disparos de Portos e de Rafa que non colleron portería. Acto seguido, Carlos tras zigzaguear no medio do campo sírvelle un balón ó espacio a Rafa para que éste, con todo o campo por diante se adentrara na área e o seu intento de pase da orte co exterior saiulle ás mans do porteiro.

As ocasións sucedíanse e o Praiña víase maniatado sen conseguir pisar con claridade campo contrario. Rafa de novo, tras sortear a varios rivais partindo desde a banda hacia o medio, sacouse un chut dende fora da área que se paseou por encima da escadra.

Unha vez que transcurriu a primeira media hora o partido cambiou. O Praiña púxose as pilas e comezou a tocar máis o balón. Unha falta peligrosa que atrapou Luis foi o seu primeiro aviso. Pouco despois un disparo desde lonxe co exterior saiu moi cerca da portería. Chegando ó descanso, un barullo na nosa área a piques estivo de costarnos gol. Un gol que chegaría no último minuto tras unha clara ocasión marrada por nós e que aproveitaron os locales para sair rápido na contra e, tras unha serie de rexeites, o balón cáelle franco a un xogador rival para que poña o primeiro cun disparo cruzado: 1-0.

A segunda parte foi claramente para o Praiña, non tanto por ocasións senón porque se vía que non estaban a pasar apuros, que tiñan o tema controlado. Ademáis, estaban sendo capaces de collernos en perigosas contras que conseguimos cortar no último instante. Pasaban os minutos e o partido enfriábase, con moitas imprecisións, factor que beneficiaba o equipo que mandaba no marcador.

A expulsión de Roni facía máis difícil todavía acadar o empate, xa que en toda a segunda parte non obligamos a intervir o meta rival. Xa nos minutos finais chegaron os definitivos goles dos de Puentevea. O segundo tanto tras un remate de cabeza no primeiro pao ó saque dun córner e o terceiro tras un erro na nosa saída do balón que propiciou un man a man con Luis do seu dianteiro.

Xogaron: Luis, Gustavo, Mika, Carabán, Jusepe (Pedro), Carlos, Lojo, Peri (Alex), Roni, Rafa e Portos (Osvaldo).