UNHA VICTORIA QUE CONFIRMA QUE O EQUIPO VAI A MÁIS
Obligados a sacar un bo resultado que cortara a mala xeira de resultados a domicilio, comezamos dominando e tendo o control do encontro. Desde o primeiro minuto fixemos o campo moi ancho para ofrecer solucións polas bandas e se non se podía, tocar atrás sen prisa.
O primeiro gol madrugou, foi no minuto 8 cando Roberto se recorre toda a banda para poñer un preciso centro a Portos que tras baixar o balón co peito, fusila ó porteiro: 0-1. Tras o tanto inicial chegaron cinco minutos de auténtico vendaval recesendiano.
Minuto 13, chegou o gol do partido. Nunha xogada na que participou todo o equipo, con máis de 15 pases e indo dun lado a outro, o balón chega finalmente a Rafa para que define cun tiro raso e cruzado: 0-2.
Ainda estabamos enorgullecéndonos da xogada do gol, cando un minuto máis tarde era Osvaldo o encargado de poñer o 0-3 nun balón que recolle fora da área e algo escorado, pero sorprendendo ó porteiro dispara ca zurda e cola o esférico polo pao largo.O ritmo dos goles apuntaba a marcador escandaloso, pero o orgullo dos locais non o permitiu e puxéronse mans á obra, ou pés ó balón mellor dito. Conseguiron reducir distancias no minuto 15 cando nunha transición rápida e ben levada plantábase un rival na área para batir a Mateo 1-3. Case conseguen facer o segundo na seguinte xogada pero o disparo marchou moi cerca do pao.
O 1-4 chegou no minuto 27, de novo Osvaldo, de novo ca zurda e de novo sorprendendo ó porteiro cunha vaselina tras irse dun defensor.
Nos últimos quince minutos o xogo foi moito máis parexo e sen oportunidades, salvo unha de Rafa que fallou en boca de gol.
O inicio da segunda metade foi claramente para o Lampón, con ata tres claras ocasións que obligaron a Mateo a esforzarse. Esta “pajara” nosa durou ata o minuto 60 cando Carlos avanzou co balón, plantouse na frontal e soltou un zurriagazo para conseguir o quinto gol.
Rápidamente o Lampón respondeu e conseguiría o 2-5 froito da nosa falta de intensidade para defender unha xogada na que o rival chegou ata a liña de fondo con comodidade e o seu pase da morte era enganchado no segundo pao.
De aquí ó final, poidemos conseguir algún gol máis, pero a relaxación provocada polo marcador evitou que estivésemos finos en ataque.
Xogaron: Mateo, Brais, Roberto (Gustavo), Carabán, Muras (Peri), Carlos, Mika, Roni (Pedro), Rafa, Osvaldo e Portos.
Goles: Osvaldo (2), Rafa, Portos e Carlos