
Hoxe querémoslle rendir homenaxe a un trotamundos do fútbol de autonómica, do noso fútbol. Estamos a falar de Julio, unha persoa que a pesar de non ser dos que máis tempo levan no equipo, xa se gañou ser un dos líderes do vestiario por méritos propios. Veteranía, templanza e seguridade fan deste xogador un pilar fundamental para o Recesende, tanto dentro coma fora do terreo de xogo.
Cada tempada que pasa, sempre nos tememos que sexa a súa última, e maís agora que Aldán está ahí para facer a Julio e a Angy uns pais orgullosos. Xa saben que sempre haberá un posto de central para o seu descendente.
Para rematar, sólo decir que a voz da plantilla, da directiva e dos aficionados é unánime e di o seguinte: “Julio, quedate!!”