
Primeiro partido do ano e último da primeira volta a cal, gracias a esta vitoria, terminámola cun balance de 9 encontros gañados, 4 empatados e outros 4 perdidos, situados na quinta posición empatado a puntos co Taragoña que está de cuarto. O encontro frente ó Bastavales amosábase complicado e así foi. O feito de que os locais necesitaban sumar para non psar apuros e que o Municipal de Brión é un campo que non se nos da nada ben, auguraban malas sensacións.
O encontro comezou cos dous equipos en busca do gol, sen medo para ir ó ataque con un control alterno da posesión do balón. Foron os locais quen estiveron a punto de adiantarse no marcador cando tan sólp transcurrían dez minutos nun man a man que o dianteiro rival desperdiciou despois de cruzar demasiado o balón. Acto seguido veu a nosa resposta en forma de oportunidade nun balón que Potos controlou dentro da área co peito, revirouse e o seu tiro pasou a milímetros do pao.
As ocasións deixaron paso ós goles. No minuto 17 o Bastavales conseguiu poñerse por diante logo dunha xogada na que lle chegou o balón ó seu dianteiro, quen con habilidade logrou poñerse diante de Rubén e superalo cun disparo raso: 1-0. Nos minutos seguintes a este gol, o noso equipo descontrolouse, perdeu a calma e o sitio, e tan sólo buscaba pases para adiante sen buscar outras solucións como intentar elaborar máis as xogadas, sendo moi predecibles. No minuto 37 conseguimos empatar o partido de penalti transformado por Gustavo: 1-1. Esta xogada foi moi criticada polo Bastavales que protestaron a inexistencia da falta que dera lugar á pena máxima. 
Xa co empate no marcador, no minuto 43, gran xogada por Muras en banda que lle serve un balón ó segundo pao a Munín para que éste o golpee a bote pronto superando ó meta rival: 1-2.O festival de goles da primeira parte non terminara aínda e tan sólo un minuto despois chegaría o 2-2 tras unha falta moi lexana na que Rubén se confiou e o balón acabouno superando por arriba.
Con este empate chegouse ó descanso ca sensación agridulce dese gol encaixado case na última xogada.
A segunda metade comezou igual que a primeira, con goles. Minuto 49, xogada individual de Munín que pon o centro e o balón acáballe quedando morto a Pedro, quen dispara raso a un pao facendo imposible a estirada do porteiro: 2-3.
De aquí ó final do encontro, toda a segunda parte coma quen di, o Bastavales veuse arriba mentras que nos, sen chegar a estar totalmente agazapados, sí que procuramos non descoidarnos en defensa e esperabamos no noso campo a chegada do rival.
O Bastavales intentouno sobre todo por arriba, xa que os seus xogadores eran bastante máis altos que os nosos e creáronnos bastante perigo. Cada saque de esquina, falta lateral ou saque de banda cercano a área, facíanos tremer. Por sorte non estiveron atinados e eso que houbo varios balóns que se pasearon pola área pequena sen encontrar rematador.
Nos tamén tivemos ocasións para facer o cuarto gol, primeiro nun tiro dende a frontal de Rafa que se marchou moi alto e logo nunha volea de Muras que se foi ó travesaño. O partido non deu máis de si, e os tres puntos fixeron o camiño de volta connosco.
Xogaron: Rubén, Gustavo, Carabán, Eloi, Raúl, Muras, Mika, Rafa, Pedro (Nacho), Munín (Roni), Portos (Suso).
Goles: Gustavo, Munín e Pedro