VOLVEMOS CON UN PUNTO E TAN CONTENTOS
Creo que podo falar en nome da maioría dos nosos cando digo que firmabamos este resultado antes de comezar o partido. O feito de que viaxásemos a Queiruga cun total de 12 efectivos e que o único suplente era o segundo porteiro, facía que o encontro resultara a priori moi complicado tendo en conta ademáis que o rival tan sólo perdera un encontro no seu campo.
O encontro púxosenos de cara moi pronto cando no minuto 5, unha subida por banda do noso lateral Nacho termina cunha fabulosa volea coa súa perna mala que envía o balón a escadra: 0-1.Coa vantaxe no marcador non deberíamos pecar de comezar a encerrarnos atrás xa que quedaba aínda todo o partido por disputarse; tiñamos que ver encarar o encontro como se dun 0-0 se tratase e asi o fixemos.
Durante a primeira media hora pódese decir que estivemos un pouco mellor que os locais, moi seguros en defensa, ben posicionados no medio do campo e con Ortoño en punta tendo bastante protagonismo. Roubamos varios balóns que deron lugar a contraataques, principalmente pola banda de Pedro que estivo moi activo nos primeiro tramos do encontro, pero non andabamos finos á hora de terminar as xogadas.
Unha vez transcurreu esa primeira media hora, a medular do Queiruga comezou a acaparar a posesión do balón. Esta situación produxo algún que outro pequeno desaxuste nas nosas liñas froito dunha descordinada presión que fixemos. O perigo do Queiruga viña pola súa banda izquierda, na cal se colgaron varios centros que por sorte non encontraban rematador.
Costounos bastante afastar o balón da nosa área neste final do primeiro tempo e sacabamos moi lentos a defensa para arriba. Necesitabamos que chegara o descanso para aclararnos neste aspecto e cambiar. Co resultado de 0-1 o primeiro tempo chegou ó seu fin.
A segunda parte comezou como o final da primeira, cos locais máis metidos no encontro, máis atentos ós rexeites e ós segundos balóns. Non desfrutaban de ocasións claras pero si que se preveía que o gol do empate podía chegar en calquer momento. Así foi como no minuto 66, unha falta ó borde da área era rematada na área pequena nun despiste defensivo: 1-1 e moito tempo por diante.
Tras este gol, moita dispusta en cada balón e poucas ocasións aínda que unha clara para cada bando. O Queiruga tivo un lanzamento lonxano que pasou por encima da portería defendida por Luis e Ortoño tivo nas súas botas a vitoria cando non acerou a rematar ben un centro ó segundo pao.
Final do partido e un punto para cada equipo que fai que ambos se manteñan nas mesmas posicións. Destacar a actitude do colexiado que, sen ser decisivo no resultado, si que sacou un pouco de quicio aos nosos. Nun partido no que reinou a deportividade e non houbo ningunha entrada fea nin nada polo estilo, sacounos 5 tarxetas amarelas e expulsou con roxa directa ó noso adestrador e ó delegado por decir, textualmente: “as tarxetas amarelas que sexan igual para os dous equipos”, sen comentarios…
Xogaron: Luis, Nacho, Carabán, Eloi, Raúl, Jusepe, Rafa, Roni, Pedro (Cougil), Portos, Ortoño.
Gol: Nacho