UNHA SEGUNDA METADE PARA OLVIDAR

DSC08795CCD TARAGOÑA 4 – 1 SDC RECESENDE

Primeiro encontro de liga e moitas esperanzas e expectativas postas para conseguir sacar un bo resultado o cal sempre é de agradecer para coller moral de cara ás seguintes xornadas. Unhas esperanzas que foron en aumento cando fomos ó descanso coa vitoria momentánea pero que se foron ó garete nos segundos 45 minutos, nos que non demos pé con bola.

Dous equipos que se conocían ben, xa que tanto nós coma eles levamos co mesmo bloque unhas cantas tempadas. Planteis que a tempada pasada terminaron arriba na táboa e por tanto esperábase un partido con moito respeto. As tácticas de ambos foron semellantes: intención de dexarlle ó rival que o porteiro sacara en corto e, unha vez o fixera, sair a presionar sen miramentos. Non houbo moitos roubos de balóns perigosos provocados por esta presión, xa que ningún quería arriscar pero sí que non había fluidez no xogo.DSC08796

As ocasións non tardaron en aparecer, primeiro foron os locais cun tiro dende a frontal que se marchou alto pero pronto respondimos nós cunha inmellorable ocasión que Lojo non soupo definir no man a man co porteiro, que acabou atallando o esférico. Esta clara ocasión alentounos e dounos folgos para seguir apretando e atacando con xogadas rápidas. Unha boa xogada por banda de Lojo acabou nun centro de éste ó que Peri sólo puido chegar para rozala coa cabeza cando tiña todo de cara para poñer o primeiro tanto no encontro.

O Taragoña seguía intentando chegar á nosa área cun xogo combinativo no medio e buscando sempre o media punta que se deixaba caer tanto nas bandas como na punta e que nos creou serios problemas xa que nos producía certo descontrol. Eran capaces de adentrarse na nosa área pero faltáballes precisión para rematar as xogadas, aínda que o perigo era patente.DSC08802

Arredor do minuto 35, falta lateral executada por Peri era rematada de cabeza por Lojo obligando ó porteiro a facer unha extraordinaria parada pero quedaba o balón solto para que chegara Muras e sólo a tivera que empuxar, 0-1.DSC08811

Con este marcador fumos a vestiarios.

Na segunda parte todo mudou. Parecía que sólo había un equipo que quería levarse os tres puntos, e non eramos nós.

Os xogadores locais chegaban sempre antes a todos os balóns divididos, non paraban de moverse e desmarcarse para crear espacios, tiñan as súas tres liás totalmente coordinadas e eso provocou que nos viramos desbordados.DSC08810

Foi no minuto 60 cando conseguiron o empate nun saque de esquina que bateu no segundo pao, toca nun dos nosos e acaba entrando na portería; 1-1.

Colocáronse por diante no minuto 75, tras unha boa combinación que remata nun centro que o seu dianteiro remata con habilidade pillando a contrapé a Mateo.

O Recesende estaba desaparecido e así chegaron os outros dous goles. Minuto 79, contragolpe local, o dianteiro adiántase a salida de Mateo e centra para que o seu compañeiro rematara coa portería vacía. O 4-1 chegou nunha falta colgada na que a defensa non estivo atenta e nos colleu as espaldas un rival cabeceando dentro da área pequena con comodidade.

DSC08792Este resultado serviranos para aprender e saber que non vale de nada facer unha primeira metade moi boa se na segunda esquecemos que para gañar hai que correr e estar concentrado os 90 minutos. Eso sí, hai que recordar que diante tiñamos a un equipo que de seguro volverá estar arriba, un equipo sen fisuras aparentes e que sabe moi ben ó que xoga e cómo ten que xogar.

Xogaron: Mateo, Brais (Gustavo), Carabán, Muras, Roberto, Carlos, Mika (Rafa), Peri (Alex Amado), Roni, Lojo e Osvaldo (Portos)

Goles: Muras