Segundo encontro de liga, e un resultado que fai saltar as alarmas no equipo roxiblanco.
Pois iamos a Crocha coa intención de recuperar o estado de animo tras una derrota dolorosa co Oleiros, e xa preocupaba o equipo que tiñamos que presentar no aspecto defensivo, xa que a falta de algún central que acompañara a Jonny, era algo que nos complicaba aos adestradores.
No partido, unha primeira parte en líneas xerais, boa, na que alguna vez perdemos o medio do campo pero no que supemos correxir o erro co paso dos minutos, en defensa estivemos co cu moi metido atrás debido seguramente a ter que utilizar unha parexa de centrais ocasional porque Gustavo e lateral ou en alguna ocasión medio centro.
Este erro ainda que o vimos e o intentamos correxir deu moitos fallos de coordinación na línea defensiva que foi o que propiciou que as contras do Crocha fosen perigosas e a postre fixeran que eles creesen nas suas posibilidades de victoria.
En ataque, unha de cal e unha de area, Aitor e Osvaldo pelearon ben sobretodo cas duas maneiras de xogar que se deron no partido, na primeira tocando o balón e chegando arriba con xogadas, e na segunda co bombardeo de balons o dianteiro, que foi constante e perxudicial para o noso xogo.
Polas bandas estivemos regular tirando a floxos porque practicamos un futbol no que as bandas pouco podían aportar.
O noso gol foi producto dunha xogada de pillería ainda que a falta que o precede pode ser discutible porque o medio levanta o pe, pero Muras baixa a cabeza, e pode ser unha desas xogadas nas que podea pitar a favor ou en contra. Ainda asi penalti sen discusión a Nacho no que o arbitro non amosa tarxeta amarela porque según el “xa e bastante castigo pitalo”.
Os goles do Crocha, en fin dous regalos nosos o primeiro un penalti no que falla Nacho facendo unha pena máxima innecesaria, un erro que pode pasarlle a calquera, pero que volveu a tocar a moral do equipo e apareceron os pantasmas do Oleiros.
E no segundo un erro da línea defensiva e algún medio, para empezar non podemos deixar de disputar os balons aéreos porque de ahí ben a xogada do segundo gol, e despois non pode un home fallar dentro da area pequena, coller o rechace, xirarse e volver a tirar a portería so ca oposición de Diego e Jonny, alguen mais ten que sair a axuda.
Ahora xa esta, xa pasou e o arbitro pitou o final, pensar no que ven por diante que non e pouco….
So pensade que ao descanso dos dous partidos teriamos 6 puntos, hoxe cos partidos rematados temos 0. Como dixo o adestrador do Rayo, “mentras non saquemos a merda do canguelo que nos entra e poñamos collons os 90 minutos vainos costar arrancar” eso si como arranquemos pensade que podemos tar onde o propoñades, pero para isto temos que ser compañeiros e apoiarnos todos non berrar entre nos.
MVP: Diego e Adrian o noso porteiro e lateral respectivamente.
Destacados do Rece: Diego, Adrian, Suso (pulmón), Jonny e Gabi.