A libreta de Franelas

libreta_franelasCuarto partido do Recesende e o motor segue agarrotado e con falta de engrasar.

Chegabamos a Esclavitude co equipo mermao polas baixas, baixas importantes que nos facian ter que tirar de xente que non se puido adestrar pola semana debido a problemas físicos, a última hora caiase da convocatoria tanto Carliños coma Susito, que unidos a unha defensa onde a falta de Caraban e a falta de noticias do outro central, fan que Muras cunha gran labor axude os compañeiros ocupando a parte central da zaga xunto con Jhonny.

Asi chegabamos a disputar un encontro no que o resultado castigou a un equipo e deu vida a outro, sin xogarse un partido vistoso.

Saimos o campo e parecia que todos creiamos que podiamos asaltar o campo do doce, e nada mais lexos da realidade, as xogadas a balon parado condenaronnos a ir o descanso 3-0.

Erros case imposibles de correxir nos entrenos, xa que fallamos na concetracion e nas marcas, unidos a fallos puntuais como aguantar a un contrario en banda sin entrarlle a eito, ou permitir que o mesmo xogador remate 3 veces ata que consegue metela….en fin erros pequenos que somos conscientes que cometemos e so podemos correxir vendo e levando a cabo as cousas correctas con concentración.

Sigo pensando que o árbitro non tivo que ver no resultado, pero co 0-0 a que se comeu o home… nun fora de xogo do noso interior nun man a man. Aproveito pa decir que o Sr. Colexiado sin ter que ver no resultado non e malo… e o seguinte!!!

Tras o descanso saimos o campo coa idea de mostrar outra cara pero nin pasar a xogar con 2 dianteiros, nin o resto dos trocos de posicions deu resultado ningún.

O rival disfrutou de mais xogadas para ampliar o resultado e asi o fixo, ademais da mala sorte que si xa a tiñamos uneuse coa lesión de Munin cos trocos feitos, tendo que tirar do porteiro suplente.

En resumo como esta crónica partido para esquecer rapido, pero acordarse dos erros porque nos condenan, e con concentración podemos subsanalos.

Por moito que pareza, ainda sendo o resultado de 5-0 individualmente nadie estivo mal estrepitosamente.

MVP: Marcial

Destacados do Rece: Muras, Jhoni, Gabi.