NOVA VICTORIA COA QUE SEGUIMOS INDO A MÁIS.
Unha Devesiña cunha magnífica entrada presenciou a segunda victoria consecutiva do Rece que lle aúpa ata a parte noble da táboa. Non foi nada fácil sacar o encontro adiante xa que nos encontramos cun rival moi duro e sólido.
Os dous equipos comezaron o encontro coas súas liñas moi xuntas, non había excesivos balonazos pero as defensas tampouco intentaban arriesgar. A loita era no medio do campo, na que o dominio era alterno, era por momentos. Deste tipo de xogo, iba a sacar máis proveito o que estuvera máis atento e concentrado ós segundos balóns, pero neste aspecto tamén estivemos moi parexos.
Pouco que destacar na primeira metade, cunha ocasión para cada bando. Lojo non estivo acertado para empuxar un balón que Peri colocou medido no segundo pao; e por parte os visitantes, un exceso de confianza de Muras nun difícil control deixoulle o balón franco dentro da área a un rival que disparou por encima da meta de Mateo.
Turno do descanso co marcador inmóvil.
A segunda metade, quizáis arrancou cun Urdilde máis espavilado, recuperando o balón máis rápido e saindo con decisión ao ataque, pero sen fortuna nos pases decisivos.
Foi cando mellor estaba o equipo visitante cando conseguimos o gol que nos deu o partido. Saque de esquina executado por Lojo que atopa no segundo pao a Carabán quen, erguéndose máis que nadie, cruza o balón e éste atopa as redes da portería: minuto 65, 1-0.
Co marcador a favor era o momento de aprender de errores pasados: non botar o cu atrás e aproveitar as ocasións que ibamos a ter. Aínda que o Urdilde tivo momentos de arreóns, sí que conseguimos manter certo control do resultado e tivemos a opción de facer o segundo nun balón colgado na área pequena ó que Portos chegou moi forzado pero coa forza suficiente para, ainda así, mandala ó traveseiro.
Sen tempo para máis, o árbitro dou por finalizado o partido e os nosos, tan contentos.
Xogaron: Mateo, Roberto, Carabán Muras, Mika, Peri (Carlos), Rafa (Portos), Roni (Pedro), Lojo (Gustavo) e Osvaldo (Adrián).
Gol: Carabán