A Libreta de Franelas
SDC Recesende 2 – 3 Atl.Oleiros

libreta_franelasPrimeiro partido de liga, e una derrota inmerecida vendo o encontro.
Penso que coa climatoloxia e o terreo de xogo no que o polvo era un factor importante, puxose a proba a capacidade física dos dous equipos ata os extremos.
Para a miña opinión fomos superiores ó noso rival, demostrando co 2-0 ao descanso unha superioridade clara. Os xogadores empezaban a creer na victoria.
Comezaba a segunda parte e un gol do Oleiros aos 48 seg de partido deixounos tocados moralmente tanto polo tempraneira como polo erro no gol, empezamos a ver que con cada chegada dos visitantes o medo apoderábase de nos; ainda asi seguimos tendo mans a mans, xogadas e remates claros, pero xa se sabe o que perdoa…. asi dous fallos en segundas xogadas facian que os puntos voasen da Devesiña, da maneira mais dolorosa de todas no minuto 2 do desconto.
Pese a isto os entrenadores estamos orgullosos polo traballo feito con esas condicions desfavorables, so que non podemos caer en erros nin en confianzas, seguir traballando como ata o dia de hoxe e os resultados e a sorte aparecerán.

MVP: O porteiro do Oleiros que salvou en varios mans a mans e nunha gran parada aos seus de sair con un par de goles mais.

Os xogadores mais destacados por parte do Rece foron: Susito, Carliños, Munín, Aitor, Tubío e Alex.