Nova xornada de liga e novo golpe recibido na Devesiña.
O encontro contra o Praiña, podia ser un bálsamo para o Rece pero o que fixo foi apuntillar mais a crise do conxunto roxiblanco.Unha clara mostra da situacion do clube e que temos que empezar por dar as grazas os 15 xogadores que viñeron a aportar o seu grao de area, xente lesionada, que non pode vir entrenar etc, apoiaron o clube para xuntar xente e poder disputar o encontro no que outros sen motivos aparentes se autodescartaron.
Comezamos o encontro e a verdade o corpo tecnico confiabamos en conseguir puntos, saindo cun esquema mais agresivo que de costume, Caraban de libero e Jhonny de marcador como xogara cando era novo. Un medio defensivo que se encargara do medio do campo coma Muras, e dous gregarios por diante, cerca do ataque como Carliños e Gabi, as bandas coma de costume e Osvaldo peleando con todos.
Empezamos o encontro e o Praiña ben plantao pero sen chegada dominaba o encontro nos primeiros 20 minutos, ata que un cataclismo se deu na plantilla do Rece, Osvaldo non podia seguir, Adrian Picón tampouco e Muras renqueante aguantaba ata o descanso, o dominio e loita do medio do campo xa o perderamos xogando con 1-2 e seguimolo perdendo con 2-1 daba igual a colocacion do noso medio, o rival estaba con animos de desquite da derrota do ano anterior.
Chegou o gol do Praiña e espoleu os rivais os cales gozaron de boas ocasions de gol, nos tivemos o empate en un par de xogadas pero a falta de pegada este ano estanos a costar caro, so metemos en 4 ocasions no que vai de liga.
Saimos do descanso e o alto ritmo posto polo rival empezou a pasarlle factura e empezamos a apretar nunha gran segunda parte sacada dende a rabia e o bo facer dos xogadores que vian como cada vez eramos mais perigosos.
Pero como moitas veces foi un querer e non poder no que volvemos a quedar condenados a intentar levantarnos noutra semana, pero ten que ser XA.
Se me preguntan polos penaltis do encontro teño claro, falla o arbitro tanto no noso coma no deles, son duas penas maximas que as veces pitan e as veces non.
Estamos tocados pero non fundidos, so quero que a xente entrene con rabia sen caralladas e se centre en sacar isto adiante. Eu de entrenar non saberei o suficiente pero teño xogadores que queren gañar mais que calquera, e a seriedade que faltaba e necesaria para manter ao equipo en tensión. Asique o que queira estar neste barco que poña o chaleco salvavidas, toca traballar serio e ben.
MVP: O medio do campo do Praiña
Destacados: jhonny, caraban gaby