UN ENCONTRO MÁIS QUE COMPLICADO
Cando Carabán puxo o 1-0 no primeiro minuto de xogo, poucos podían imaxinar o traballo que nos custaría sacar este partido adiante e máis vendo as circunstancias nas que se desarrollou. O gol que nos daba ventaxa inicial chegou, como non, tras un córner que cabeceaba o central no primeiro pao anticipándose a todos.
Minuto 1, ventaxa no marcador, o colista enfrente… e o pensamento de que esto estaba feito pasounos factura. No minuto 8, o Ortoño consigue empatar nunha acción na que o dianteiro se plantou sólo ante Lojo (que tivo que facer de porteiro ante as lesións dos nosos metas) e o batía cun disparo cruzado: 1-1.
Chegados ó minuto 20 o árbitro decreta penalti por unhas mans dentro da área dun xogador rival. Esta decisión foi protestada por un contrario e o árbitro decide expulsalo por decirlle “no tienes ni puta idea”. Osvaldo foi encargado de lanzar o penalti pero o hábil porteiro visitante foi quén de atallalo.
Xa cun home máis sobre o terreo, é certo que nos adueñamos case completamente da posesión pero non entrabamos con claridade na área rival. Disparos dende fora da área eran a forma de finalizar as nosas xogadas. Por outro lado, o Ortoño non estaba incómodo e conseguía roubar balóns en zona de tres cuartos e intentar sair rápido para pillarnos despistados en algunha contra.
Co resultado de empate a 1 chegamos ó descanso. A segunda metade comezou cun Recesende volcado e xogando con moito dinamismo para conseguir rápidamente o gol. Pero éste seguía resistíndose polo gran sacrificio defensivo do Ortoño.
A partir do minuto 60 o noso xogo estancouse e volveuse máis lento. Incluso os visitantes deron un paso adiante e tiveron algo máis de presencia no noso campo. E foi, cando quizais menos o merecíamos cando conseguimos o gol dos tres puntos. Un balón que se atopa Osvaldo dentro da área e medio en reviravolta consigue sacar un disparo en forma de globo que sorprende o porteiro; minuto 77, 2-1.
Tras o gol, chegou o show do porteiro visitante cun despliegue de paradas con moito mérito. Dúas palomitas e un man a man que consigueu sacara o gardamallas e evitar que cerrásemos o encontro antes do pitido final.
Xogaron: Lojo, Caramés (Portos), Carabán, Jusepe, Gustavo, Muras (Alex (Suso)), Mika, Carlos, Rafa, Roni e Osvaldo.
Goles: Carabán e Osvaldo