Xornada 7, e Recesende festexa a primeira victoria da tempada, ademáis con un fútbol moi vistoso.
Tiña que chegar e chegou, o ansiado triunfo fíxose esperar pero chegou, tras una semana de entreno serio e a alto ritmo o traballo deu seus froitos.
Primeira vez da tempada que tiñamos que deixar xente fora da convocatoria ao fichar dous xogadores que están chamados a ser importantes na boa marcha do clube, empezamos o encontro co esquema de sempre o mítico 4-2-3-1 pero cuns cambios tácticos como marcaxe específico de medios tanto se o rival saia con 2 ou 3 centrocampistas.
Pois ben comezaba o encontro e a premisa era clara nada de balóns longos, o Recesende tiña que baixar e tocar o balón, aburrirse de tocar, e a verdade os primeiros 25 minutos non o levamos a cabo pese a que eramos superiores ao rival en todas as líneas, pero as ocasións desperdiciadas tanto por Lojo como Aitor facián ver dende o banquillo que o Sar cando tivera unha ia a metela.
Non fixo nada para meter so aproveitou un erro noso e sacou petróleo, foi nese momento cando intentamos que os nosos non baixaran os brazos e obrigando a tocar empezou a desplegarse un futbol parecido ao que se facia fai 2 anos e case toda a tempada pasada.
As ordes foron claras o medio do campo tiña que xogar a 1 ou 2 toques e sempre que fose posible de cara, laterais abrir para a saida de balón do centrais por banda e interiores abertos para abrir ao rival e poder facerlle daño nos ocos que ia a deixar.
Pois ben fixemos 10 minutos ao final da primeira parte na que bailamos o rival, e desesperamos o adestrador rival que non paraba de avisar que no medio non via aos seus xogadores.
No descanso eu pouco podía decir, xa que considerábamos que estábamos a xogar un moi bo futbol, para min o mellor da tempada, so pedín que seguirán igual e que o xogar con 2 dianteiros so sería nun caso especial.
Pero comezou a segunda parte e seguimos cun recital no campo, tocábamos o balón rápido e ben, ademáis de parecer que levábamos perigo en todas as xogadas, gañábamos todos os balóns aéreos e os que non polo menos faciamos que o rival tampouco, os nosos pequenos fixéronse xigantes.
Así chegou o empate con toque e calidade, tiñamos o partido a favor porque se via vir que se non parábamos o ritmo, o Sar non podía seguirnos e chegou o penalti, por fin o arbitro pitou un, despois de dous anteriores clarísimos.
Xa vos digo que eu a modo Fernando Vazquez pola banda estaba diante da xogada ao igual que o colexiado, e penalti moi claro, man separada do corpo dentro da área para cubrirse pena máxima sen discusión.
Gol e por diante no marcador, momento de facer cambios.
Nunca tan difícil foi sacar a xente do campo, todos estiveron de 10, eu xa pedín perdón a varios porque sacar a xente cando están facendo un partidazo e jodido, pero eles saben que no equipo todos merecen xogar, e se ainda por riba entran e siguen facendo un partidazo sin que se noten os trocos pois ata che fan sentir mellor. Chegou o terceiro e acabou todo resultado xusto, demostrando que o visto no amistoso era un espexismo, como mostra do encontró o dianteiro do Sar que antes de comezar decía “tirar a portería que o porteiro e choio” e ao final pedialle que pitase final ó arbitro para que o baño tocara o fin.
Con todo isto os alagos, mais alá de levantar o ánimo o que fan e acomodar a un equipo e recordovos rapaces, esto temos que pelexalo cada domingo, encontramos como facer dano os rivais, ahora pensade que temos que xogar e seguir así, actitude nos entrenos e nos partidos.
Felicidades equipo!!
MVP: 16 AMIGOS 16 XOGADORES