A Libreta de Roni e Luis

libreta_franelas-221x300

EMPATE NO MARCADOR, VICTORIA NA ACTITUDE

 

Nun momento onde os resultados non acompañan, coa baixa de bastantes xogadores do plantel, a baixa dun xogador durante o quencemento… e tan só 13 convocados dispoñibles para este encontro; os xogadores deixáronse todo o que tiñan no terreo de xogo, demostrando que se queremos podemos competir con calquera equipo da categoría.

        As premisas eran claras: defensa seria, marcaxe férreo, non perder a posición no campo e axudas aos compañeiros, xogo rápido a un ou dous toques sen complicacións, apertura a ambas bandas e chegada en bloque.

        Na primeira parte, leváronse a cabo todas as premisas; non tiñamos despistes, chegábase ás segundas xogadas, intentouse saír tocando o balón e creáronse ocasións de gol. Pola contra, non permitimos o remate claro do Carcacía en ningún córner ou falta colgada, a presión foi boa e non pasamos demasiados apuros.

        Segunda parte máis aberta para os dous equipos, pero onde desfrutamos de máis ocasións que o noso adversario para abrir o marcador. Neste segundo tempo, perdemos por momentos a posición no campo, xa nos custaba máis chegar ás segundas xogadas, xa que non estabamos tan frescos coma eles debido a non ter cambios, pero inda así tivemos ocasións para levarnos o encontro.

 

        Aínda que non se gañara, a actitude e o compromiso mostrado polos xogadores neste partido e digno de mención, se seguides así pronto chegará a vitoria! Ánimo rapaces!

 

MVP:  TODO O EQUIPO.

A libreta de Franelas

libreta_franelasCuarto partido do Recesende e o motor segue agarrotado e con falta de engrasar.

Chegabamos a Esclavitude co equipo mermao polas baixas, baixas importantes que nos facian ter que tirar de xente que non se puido adestrar pola semana debido a problemas físicos, a última hora caiase da convocatoria tanto Carliños coma Susito, que unidos a unha defensa onde a falta de Caraban e a falta de noticias do outro central, fan que Muras cunha gran labor axude os compañeiros ocupando a parte central da zaga xunto con Jhonny.

Asi chegabamos a disputar un encontro no que o resultado castigou a un equipo e deu vida a outro, sin xogarse un partido vistoso.

Saimos o campo e parecia que todos creiamos que podiamos asaltar o campo do doce, e nada mais lexos da realidade, as xogadas a balon parado condenaronnos a ir o descanso 3-0.

Erros case imposibles de correxir nos entrenos, xa que fallamos na concetracion e nas marcas, unidos a fallos puntuais como aguantar a un contrario en banda sin entrarlle a eito, ou permitir que o mesmo xogador remate 3 veces ata que consegue metela….en fin erros pequenos que somos conscientes que cometemos e so podemos correxir vendo e levando a cabo as cousas correctas con concentración.

Sigo pensando que o árbitro non tivo que ver no resultado, pero co 0-0 a que se comeu o home… nun fora de xogo do noso interior nun man a man. Aproveito pa decir que o Sr. Colexiado sin ter que ver no resultado non e malo… e o seguinte!!!

Tras o descanso saimos o campo coa idea de mostrar outra cara pero nin pasar a xogar con 2 dianteiros, nin o resto dos trocos de posicions deu resultado ningún.

O rival disfrutou de mais xogadas para ampliar o resultado e asi o fixo, ademais da mala sorte que si xa a tiñamos uneuse coa lesión de Munin cos trocos feitos, tendo que tirar do porteiro suplente.

En resumo como esta crónica partido para esquecer rapido, pero acordarse dos erros porque nos condenan, e con concentración podemos subsanalos.

Por moito que pareza, ainda sendo o resultado de 5-0 individualmente nadie estivo mal estrepitosamente.

MVP: Marcial

Destacados do Rece: Muras, Jhoni, Gabi.