Terceiro partido de liga, e primeiro punto no casilleiro do Rece.
Partido atípico o que nos tocaba esta semana, a golpe de sábado e xa había que poñer a roupa de faena.
Coa lista completa de convocados saiamos ao encontro do Taragoña; nunha primeira parte na que dominamos o balón, pero non finalizábamos as xogadas, nin eramos quen de rematar os centros que se puxeron para remate, vimos como no desconto sufríamos un gol en contra debido a un exceso de confianza do noso porteiro, e un erro de marcaxe en defensa. Pese a isto a primeira parte gustaba os adestradores, porque se via o grupo unido e con ganas de disputar o encontro.
Moi ben en liñas xerais os 11 xogadores, a defensa saindo co balón xogado, en certa maneira gracias a baixar a Muras a central, no medio ben, disputando os balons en todo momento e ganando un gran numero de eles, os interiores se cadra un pouco mais baixos do esperado, non mal, pero si con uns erros pequenos de baixar moito a recibir, provocando que tanto os laterais como os interiores estiveran pegados, e como consecuencia que os medios non puideran utilizar as bandas para profundizar, na dianteira peleando cos centrais como cabia de esperar.
No descanso quixemos modificar o esquema e sair a buscar o encontro pese ao resultado adverso. Pasamos a un 4-4-2 sacrificando a figura do media punta, por crear mais perigo na área rival.
Esta vez parece que supemos leer dende o banquillo, o que o rival nos podía permitir, e por eso decidimos sair cos dous puntas.
Saiunos ben e conseguimos empatar, e por momentos encerrar ós rivais, pero sen ocasions claras, eles defendianse en contras e balons aéreos que supemos defender ben, e sacar o noso porteiro.
En definitiva o empate creo que é xusto, reparto de puntos mais que merecido para dous equipos traballadores.
Ainda que sexa un punto o importante e a actitude mostrada entre nos no campo, pelexando apoiando e non baixando os brazos, por eso estamos contentos do encontro e dos 16 xogadores que se ben xogaron 15 todos fixeron una labor que merece ser recoñecida.
Toca seguir asi, porque esto e o que buscamos, traballo, compañerismo e collons… porque non existe rival fácil, pero si partidos malos.
MVP: Muras, que si ben fora dos terreos de xogo ten un gran sentido do humor, no campo e dos xogadores mais serios, e adáptase as necesidades do equipo. E tamén Adrian Picón que está a un gran nivel.
Destacados do Recesende: Todos e cada un dos xogadores repito, TODOS.