S.D.C. RECESENDE 8 – SR PAZOS 1

recesende-pazos-cronicaNunha tarde fea, moi fea, chegou o partido máis divertido e entretido da tempada, froito das continuas ocasións que se deron hoxe na Devesiña, cun terreo de xogo que presentaba un moi bo aspecto a pesar das intensas choivas que caeron horas antes.
Co obxectivo de non caer nos erros dos partidos anteriores coma locais, saíuse ao campo cun bo ritmo de xogo para intentar deixar o partido atado canto antes, e abofé que se conseguiu.

No minuto 5, Lojo marcaba o primeiro gol case na primeira xogada de perigo. O xogo do Rece basábase en intentar que o balón chegará aos mediocentros e éstes que dirixiran o balón hacia a banda. Con esta estratexia fumos capaces de crear perigo con certa facilidade. No minuto 25, era Osvaldo o encargado de poñer o 2-0 nun man a man. Minuto 35, era o momento do doblete de Lojo cun remate tras un pase da morte. Chega o descanso e con él, o momento do café. Segunda parte, mesma dinámica da primeira. 4-0 obra de Tubío (bo gol dende fora da área), 5-0 Mario (sólo era empuxala), 6-0 Nacho (xogada individual por banda), 7-0 de Aitor (a remate dentro da área), 7-1 Julio (en propia meta tras desviar coa cabeza un remate do Pazos), 8-1 Roni (nunha xogada semellante á de Nacho). Destacar tamén 2 impresionantes intervencións de Diego ao sacar sendos balóns da escadra, nos minutos finais do partido.
3 puntos máis, bo partido e unha boa manchea de goles que nos da máis ánimos se cabe para afrontar o último tramo da competición.
Xogaron: Diego, Adrián, Julio, Carabán, Gus, Tubío (Nacho), Moro (Roni), Carliños, Lojo, Mario (Alex) e Osvaldo (Aitor)
Goles: Lojo (2), Mario, Roni, Nacho, Aitor e Tubío.
Na foto vemos aos goleadores da tarde amosando o seu amor polo equipo!