É difícil facer un resumo despois deste partido tan desastroso que se fixo. Non é solo o feito de perder o partido senón a imaxe que demos e eso sí que debe de cambiar dende xa. Poderase gañar, empatar ou perder pero a imaxe que demos, sobre todo na primeira metade non é digna dun clube coma o noso que sempre se caracterizou pola súa entrega e por non dar por perdido ningún balón.
O de hoxe non se sabe a que achacalo; pode ser que estabamos demasiados confiados despois do bo partido da xornada anterior, pero o que sí está claro é que durante a semana e nos momentos previos ó encontro, falábase de todo menos do partido en sí, e claro, esto acabouse notanto e acabámolo pagando ben caro.
Saímos ó campo cunha torrixa das grandes, moito maior que no encontro frente ó Praiña. Durante os primeiros 20 minutos non nos enteramos de nada, non baixamos un balón, non nos anticipamos nin unha sola vez, non collíamos ningún rexeite e non eramos capazes de chegar ás segundas xogadas. Polo lado contrario, o Furia fixo de nós un pandeiro salindo co balón controlado dende atrás e tocando moito o balón no medio do campo e cun dianteiro moi rápido buscando seguido o balón. Non nos estaban asoballando en ocasións pero si en xogo. Sen embargo a primeira gran ocasión foi para nos cun balón bombeado dende a banda ó cal se anticipa Muras de cabeza e o balón pasease por diante da portería sendo capaz Munín de disparar forzado e tocando o balón no traveseiro. Esta ocasión foi un espexismo en instantes despois, arredor do minuto 30, contra ben levada polo Furia que termina cun pase da morte empuxado as redes. 0-1, víase vir. O gol non nos fixo reaccionar e os visitantes poideron ampliar a vantaxe cun man a man que desperdiciaron.
Chegou o tempo de descanso, momento de facer cambios que fixeran despertar ós nosos. Tres substitucións.
No comezo da segunda metade non semellaba que as cousas foran cambiar xa que seguía sendo o Furia quen tiña o control do balón. Esta situación mudou a partires do minuto 60, cando chegou outra boa ocasión para os nosos nos pes de Muras que rematou demasiado cruzado un balón que quedou rexeitado na área. Esta ocasión foi consecuencia dunha xogada na que era a primeira vez do partido na que conseguimos encadear máis de 3/4 pases seguidos. Esta oportunidade foi un aviso, xa que a verdadeira gran ocasión tivo lugar 5 minutos despois e co mesmo protagonista. Xogada entre Roni, Carliños e Muras que termina cun disparo deste que se topa ca escadra da portería quedando o balón rexeitado lonxe das inmediacións da área. Tampouco tivemos sorte noutra xogada na que o árbitro anula un gol de Rafa por un dudoso fora de xogo.
Era o minuto 37 e tivo lugar un espectáculo que esperemos non volva a suceder. O árbitro pita mans de Adrián e éste non reacciona de boas maneiras e acaba sendo expulsado. Ármase un pouco de follón, o típico despois dunha expulsión, e o trencilla ante a sorpresa dos presentes decide pitar o fin do partido, expulsar a un xogador do Furia cando se dirixia ós vestuarios, meterse na caseta e chamar á policía local. Unha vez que chega, reanudase o partido. Foi unha situación un tanto surrealista. Á volta deste follón, poidemos de novo lograr o empate cun tiro de Carliños que non entrou por milímetros, pero non o fixemos e o Furia, case co encontro xa rematado, conseguía volver a marcar e poñer o 0-2 definitivo.
Acaba o partido e o noso xogador Jhoni, diríxese a darlle a man ó árbitro e coméntalle con estas palabras, que o mesmo árbitro recoñeceu despois: “árbitro, fatal”. Roxa directa para Jhoni… en fin…
Xogaron: Marcial, Adrián, Nacho, Carabán, Jhoni, Muras (Mario), Tubío (Carliños), Gabi (Mika), Roni (Rafa), Munín (Raúl) e Aitor.
Si, perdimos; si, seguimos de últimos; si, con esta imaxe non vamos a ningún lado; pero sólo estamos a 3 puntos de distancia do posto duodécimo e a 1 punto do Sar que é o que marca o descenso nestes momentos.
Cambiando de tema, hoxe recibimos a visita de José Manuel e da súa familia e fixémoslle entrega dunha camiseta firmada polos nosos xogadores e dunha bufanda. Non poideron quedarse ata o final do partido debido a que tiñan outro acto ao que asistir. Ó final do partido e feito o reconto do recaudado, foron un total de 372 euros os donados entre o de hoxe e a venta de pulseiras, na que tamén participou o Praiña.