A libreta de Franelas

libreta_franelas-221x300Nova xornada, e hoxe dia de resaca dun dia duro moi duro.
Chegou un novo partido despois da victoria en Sar e parece que o partido feito en Padrón, foi un espexismo e nos enseñou o que podemos ser e polo de agora non somos.
Xa da miña primeira época no Recesende ala pola tempada 2003-2004 xa me quedaba demostrado que no Recesende as festas o dia antes do partido nunca eran boas, porque nunca xogábamos o partido en tensión e concentración.
Pois si pasan os anos e as cousas non cambian, somos grandes en equipo tanto no futbol coma na troula, e a todos nos gusta porque coma dirián os vellos “tamos na edad”.
Este feito mais os dados pola semana como ven se explicou na crónica do partido fixeron que non estiveramos con ese plus de concentración necesario, eu espero que cando estes plans que se están a levar a cabo, acaben ben, e pronto, para así entrenar coa cabeza posta no equipo, en esto incluome eu.
Pois ben saltábamos o encontro intentando calcar o partido de Sar e nada de nada, primeiro erro o táctico repetir o marcaxe no medio que se fixo no encontro anterior non deu resultado. Muras caiase moi abaixo e Gabi e Tubio xogaban en liña e non eramos capaces de dominar o medio, en defensa abusábamos de balóns en longo o dianteiro, e os interiores na primeira metade foron espectadores porque non xogabamos polas bandas.
Moitos erros que por moito que gritábamos dende a banda non se subsanaban, o de xogar polas bandas non nos entraba na cabeza, e o de o medio xogar a dous toques era imposible porque non tiñamos a posesión do balón.
Ademais cando o equipo non funciona, empezamos a poñernos nerviosos e perder a concentración e discutir entre nos, cando o que debemos e intentar facer as cousas mellor na seguinte xogada.
Pois así chegou o gol do Furia, falla de concentración, a defensa tira a línea de fora de xogo o interior deles entra coma unha bala por banda e o noso lateral segueo sen percatarse de que a defensa se quedara en liña permitindo a posición do interior, un erro moi común sobretodo se estas pendiente dun home e te encara sen balón en velocidade.
Ainda así non nos espoleu o gol e seguimos ata o descanso fora do encontro.
Fixemos uns cambios no descanso intentando que o equipo cambiara de aires, facendo entrar a xente que via os erros dende fora haber se cambiaban as cousas, e cambiou pouco pero algo cambiou creo que debido a que o Furia meteuse un pouco mais atras, gozamos de xogadas que a verdade a sorte con nos…. pero foi un querer e non poder.
Cambiamos a xogar con dous dianteiros 15 minutos pero nada estaba de ser e foi,  segundo gol do Furia no desconto.
Do árbitro non me gusta decir nada e no resultado seguramente non influiu, pero a min e o Recesende jodeunos ben jodidos, non excuso a expulsión de Adrián pero se pitara o que tiña que pitar nesa xogada  e na tarxeta de David ó final eu teria dous xogadores mais para o domingo fose quen fose o árbitro, e o tio ou rapaz quedaselle grande o futbol modesto, porque o Furia tamén quedou “contento con el”, nun partido sen dureza de ninguna parte el so se encargou de pifiala e dar unha imaxe lamentable detendo o partido e deixando os equipos esperando por el para seguir. Eu pregúntome se xa lavaría o calzoncillo….

Partido para esquecer onde o peor para min son as baixas provocadas.

MVP por decir algún xogador o veterano Lula do Furia