Grande victoria e o Recesende sae do descenso.
Este poderia ser o meu titular, e o resumo do encontro ainda que hai varios mais, porfín as miñas palabras non caeron en balde e fixóseme caso no que tiñamos que buscar un sustituto no banco que soupese explicar aos xogadores conceptos que un porteiro non pode dar porque nunca recibiu os mesmos consellos que o resto do equipo.
Pois isto pasou, con tempo a enmendar os erros anteriores chegou Susito para coller o timón e viuse nos adestramentos semanais unhas premisas basicas a par que necesarias.
Con isto o equipo presentabase en Dodro.
Sáltabamos o campo despois de falar entre Suso e eu co mellor once posible fisicamente a disputar o encontro co equipo local invicto no que vai de tempada, e quen o ia a decir que eramos nos os que pareciamos os favoritos.
Un medio inconmensurable con Muras, Carliños e a torre Mika, o de torre e porque este rapaz ca altura que ten parece mentira que vaia de cabeza como vai. O Rece adueñouse do encontro facendo o traballado pola semana dunha realidade, lineas xuntas toques rapidos e todo ou case por bandas, e decir a pedir de boca.
Ocasións de gol constantes e sin apuros defensivos, todas as liñas moi ben, defensa contundente, laterales agarraos a defensa, interiores bregadores, e osvaldo peleando cos centrais. Asi chegou o gol e innumerables ocasións.
Chegamos ao descanso dando un baño aos rivais que empezaban a estar nerviosos, e sacaban artilleria pesada no descanso como Bebeto etc…
No noso caso tiñamos que facer un cambio obrigado, Nacho necesita descanso para esa perna porque xogou case todos os minutos do campeonato, entraba Munín o lateral, vaia fichaxe este…. jejejeje.
Saimos a segunda igual, dando un recital, o cal se unian os trocos, e Marcial un porteiro que vai gañando en confianza e como decia Paco, a xente acabara dandonos a razon ao decantarnos por el na pretempada.
Chegou o segundo gol e varias xogadas onde fixemos do porteiro do Dodro o mellor xogador rival, ata que faltando 5 minutos os locais meteronse no encontro cunha falta que lles regalaba moito premio para o ofrecido no encontro.
Pero en 5 minutos puidemos facer dous goles que poñian un 1-4 curto, si, si, curto. O último gol e para recordar, contra de libro xogada a 1-2 toques.
O colexiado indicaba o final e o Rece faciase cunha mais que merecida victoria, colleitando 7 goles a favor nas duas últimas saidas que nos fai aguantar vivos na competición.
Ahora toca seguir e se cabe ir a mais, moito mais, todo cambia e cambia para ben, eu polo que a min me toca non abandono o grupo pero si que me aparto da primeira liña, para aprender de Suso e volver cos porteiros, ademais de xogar nas 3 ligas de futsal e unha de futbol 7 que tiña delao, ahora tocame ver bo futbol cando poida, e sei que o vou ver dos xogadores do Recesende, asique a seguir traballando rapaces que vades a bordalo!!!!
MVP: TODOS OS QUE PASARON POLA PLANTILLA DENDE QUE COLLÍN XUNTO CON PACO O EQUIPO
E gustariame salientar a volta dun gran amigo a sua casa, grande Eloy partidazo dun crack.