Entrevista a Marcos Pernas

marcos-pernasBoas noites xente?? Cómo vai todo polo outro lado da pantalla??

ENTREVISTADOS volve de novo e faino dunha maneira especial e interesante. Para entrega de hoxe, con motivo do partidazo que xogaremos este domingo os dous primeiros clasificados da categoría, pedimoslle ao presidente do Praiña, plantel punteiro da clasificación, que nos respondera a unha serie de preguntas referidas tanto ao seu clube coma ao derbi que se aveciña.
Damos as gracias por tanto, pola súa disposición e colaboración. Arrancamos:

– ¿Cantas tempadas levas á fronte do Praíña?
Como directivo esta é a cuarta tempada. Como presidente da entidade, ésta é a segunda.

– ¿Cal foi o mellor e o peor momento desde que colliches ó equipo?
Por sorte, houbo máis momentos bos que malos. Un deles foi cando logramos pechar o l Triangular Praíña Sp.C onde conseguimos traer ó Racing de Ferrol, Fabril e Estradense, algo increíble e inédito para nós naquel entón. Tampouco quero esquecer o día no que sacamos adiante o fútbol base, foi moi reconfortante.   O peor…, o batacazo que levamos o ano pasado na fase de ascenso. Despois de todo o traballo e de todo o esforzo durante toda a tempada, foi un castigo demasiado duro, pero o “fútbol é fútbol” e hai que aprender das derrotas e das victorias para mellorar cada día.

– Sodes unha directiva moi xoven, ¿tivestes problemas ó principio pola falta de experiencia?
Os comenzos, en calquera faceta da vida, non son doados. O importante foi, que nos supemos asesorar ben e, pasiño a pasiño, fumos saíndo adiante. Tamén temos que agradecer moito a moita xente que nos abriu moitas portas.

– ¿De cantas categorías inferiores dispoñedes? ¿O traballo que da mantelas, vese recompensado pola alegría dos rapaces?
Desde o primeiro día que collemos o clube, tiñamos claro que o fútbol base sería unha aposta firme na nosa xestión. Hoxe en día, contamos con cinco equipos de base. Hai catro tempadas non había ningún, o propósito é seguir medrando.   O noso propósito é, por suposto, que os rapaces se divirtan, eso sí, a diversión non debe de ir reñida con aprender a competir respectando os valores deportivos, algo que lle servirá non só no fútbol, senón tamén na vida.

– Co ascenso case conseguido, ¿cal é o obxectivo a curto prazo, aguantar en segunda ou non cerrarse portas ó que poida vir?
Despois da experiencia amarga que vivimos o ano pasado, cando todo parecía indicar que ascenderíamos, o único no que estamos pensando neste momento é en conseguir o ansiado ascenso. Si temos a sorte de lograr o obxectivo, xa habrá tempo para plantexarse o futuro, que estará condicionado pola plantilla que configuremos.

– ¿Cómo afrontastes o inicio desta campaña despois do duro golpe sufrido na pasada fase de ascenso?
Esta campaña afrontámola, se cabe, con moita máis ilusión e forza que nunca para resarcirnos do que non se puido conseguir o ano pasado. Adestramos moi duro, e o compromiso de todos, corpo técnico e xogadores, está sendo exemplar.

– ¿Consideras que tedes unha plantilla mellor que a da tempada anterior?
Considero que é unha plantilla mellorada dentro dunha estructura que xa había de atrás, cun estilo definido de xogo que se asentou despois de dous anos co mesmo adestrador, e que nos está dando bos frutos. O que tratamos no verán foi de apuntalar os puntos que nos considerábamos máis débiles do equipo, con xente de calidade contrastada.

– ¿Cómo calificas o nivel da nosa liga: igual, mellor ou peor que a tempada pasada?
A liga pasada foi moi parecida á actual. Un equipo no primeiro posto case o 100% da tempada, o Urdilde, un claro e definido segundo, e despois Dodro e Negreira B que se disputaron a terceira praza, que acabaron levando os de Dodro que, a decir verdade, tiñan un gran plantel.   O Ribasar, que se meteu quinto na última xornada de Liga en detrimento do Rarís, acabaría nos ansiados postos de ascenso tralo Urdilde e o Dodro despois da disputa do play-off.

– Dinos un equipo que te decepcionou e outro que te sorprendeu para ben.
Decepcionoume o Negreira B, e digoo en canto á clasificación se refire. Nós xogamos contra eles en Cepelo e pareceume un rival moi forte. Pensei que ían estar máis arriba neste tramo final. Sorprendeume a millora dos dous últimos equipos que pasaron por Reis. Como se pode ver na taboa clasificatoria, Bastavales e Luaña deron un salto importante respecto á primeira volta.

– ¿Esperabas que o Recesende estivera a estas alturas con máis puntos?
Hai que ter en conta que esta liga non é doada, e que hai equipos que che poden arrebatar puntos que non esperas. O Recesende é un equipo moi forte que mantén a base do equipo que ascendeu fai dous anos e do que xogou o ano pasado en 2ª Rexional, con xente como Carabán, Franco, Muras, Lojo, etc…, xogadores de moita calidade, e que como conxunto goza dunha competitividade envidiable. É difícil decir a cantidade de puntos que esperaba que tivese, o que tiña claro e que ían a ser un rival duro para a consecución do ascenso, e sin dúbida que o están a ser.


– ¿Cómo chega o Praíña ó derbi deste domingo?
O Praíña é un equipo que adestrou moi duro durante toda a tempada, e que ten xogadores con experiencia en categorías superiores, polo que espero que a trascendentalidade do partido que se xoga o domigo non lle afecte. É certo que non esperábamos os últimos resultados que obtivemos na casa, pero fora da mesma estamos sendo un equipo solvente. Eu vexo ben ó equipo, e con gañas de afrontar o partido contra o Recesende.

– ¿Algún xogador/es do Recesende que vos preocupe en particular ou o plantel en xeral?
É certo que o Recesende ten moi boas individualidades, como xa dixen antes, pero o que máis destacaría é o conxunto e a súa competitividade, é un equipo moi difícil de ganar.

– O partido de ida estivo condicionado pola expulsión sufrida na primeira parte e non se puido ver ós dous equipos igual, ¿que é o que esperas deste partido?
O que espero é un partido moi igualado que se pode resolver en detalles.

– ¿Crees que é o mellor encontro que se pode ver nesta categoría?
Se miramos a clasificación pódese decir que sí. Son, ata a data, os dous equipos que marcaron a diferencia no grupo 7, os dous equipos que están no alto da táboa; digóo respetando sempre a todos os nosos rivais. O noso equipo, en concreto, tivo moitos partidos disputados con moitos deles.

– ¿Qué destacarías do Praíña? ¿e do Recesende?

Do meu equipo non vou a destacar nada, para non darvos pistas…..:)
Do Recesende destaco un grupo humano que leva xogando moitos anos xuntos, a intensidade coa que compiten e disputan os seus partidos, a experiencia e eses 3-4 xogadores, bos xogadores, que teñen por liña e que poden decantar o partido ó seu favor.

-Que pensas do futbol Teense na actualidade, e si entendes que entre clubes exista problemas a hora da cesion de campos municipais.

Desde o noso punto de vista os clubes do concello deberiamos intentar apoiarnos mutuamente, construir xuntos, e dentro disto entran os recursos municipais, pero bueno, este e un tema complexo sobre o que se poderia debatir largo e tendido….

– Manda un mensaxe para os seguidores do Praíña.
Á nosa xente dígolle que acudan a animar ó seu equipo nun momento tan importante para nós da temporada. O equipo precisa a súa presencia e o seu apoio en Recesende para que todos xuntos saquemos o partido adiante ante un complicado rival e academos o noso obxetivo.

Marcos Pernas
Praíña Sp.C